Saltar ao contido

Odisea

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «A Odisea»)

Odisea
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
Book I (en) Traducir
Book XVI (en) Traducir
Book XVII (en) Traducir
Book XV (en) Traducir
Book XIV (en) Traducir
Book XIII (en) Traducir
Book XVIII (en) Traducir
Book XX (en) Traducir
Book XIX (en) Traducir
Book XXII (en) Traducir
Book XXI (en) Traducir
Book XXIII (en) Traducir
Book XII (en) Traducir
Book X (en) Traducir
Book IV (en) Traducir
Book III (en) Traducir
Book II (en) Traducir
Book XI (en) Traducir
Book V (en) Traducir
Book VII (en) Traducir
Book VI (en) Traducir
Book IX (en) Traducir
Book VIII (en) Traducir
Book XXIV (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Título
Ὀδύσσεια (grc) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Representa a
 Tema principal
 Ambientado en
 Edicións
(2017) The Odyssey (en) Traducir en lingua inglesa traducido por Emily Wilson (pt) Traducir
(12 de outubro de 2010) The Odyssey en lingua inglesa
(10 de marzo de 2010) The Odyssey en lingua inglesa Penguin Classics
(2003) The Odyssey en lingua inglesa traducido por E. V. Rieu, D. C. H. Rieu (pt) Traducir
(29 de novembro de 1999) The Odyssey en lingua inglesa Penguin Classics
(1965) Odyssey of Homer (en) Traducir en lingua inglesa traducido por Richmond Lattimore (pt) Traducir
(1955) Odyssée (en) Traducir en lingua francesa traducido por Philippe Jaccottet
(1953) Q109652097 Traducir en lingua hebrea traducido por Shaul Tchernichovsky
(1945) الأوديسة (en) Traducir en lingua árabe traducido por Dirīnī Khashabah (en) Traducir
(1928) Odysséa de Homero en lingua portuguesa
(1926) Odissea (en) Traducir en lingua italiana traducido por Ettore Romagnoli
(1926) Odissea (en) Traducir en lingua italiana traducido por Tito Morino (en) Traducir
(1922) Q132817395 Traducir en bokmål traducido por Peter Østbye
(1919) Q140068888 Traducir en nynorsk traducido por Arne Garborg (pt) Traducir
(1910) La Odisea (en) Traducir en lingua castelá
(1909) The Odyssey of Homer (en) Traducir en lingua inglesa traducido por Samuel H. Butcher, Andrew Lang
(1900) The Odyssey (en) Traducir en lingua inglesa traducido por Samuel Butler
(1895) Odyseja (en) Traducir en lingua polaca
(1886) La Odisea (en) Traducir en lingua castelá
(1884) The Odyssey of Homer (en) Traducir en lingua inglesa traducido por George Herbert Palmer
(1873) Odysseja (en) Traducir en lingua polaca
(1869) Одиссея (en) Traducir en lingua rusa traducido por Vasily Zhukovsky (pt) Traducir
(1851) La Odisea de Homero (en) Traducir en lingua castelá
(1848) Q54460006 Traducir en lingua checa
(1808) Carmina Homerica en lingua grega antiga
(1791) The Odyssey of Homer (en) Traducir en lingua inglesa traducido por William Cowper (pt) Traducir
(1767) La Ulyxea (en) Traducir en lingua castelá
(1742) Odissea (en) Traducir en lingua italiana traducido por Anton Maria Salvini (pt) Traducir
(1725) The Odyssey of Homer (en) Traducir en lingua inglesa traducido por Alexander Pope
(1716) L'Odyssée d'Homère (en) Traducir en lingua francesa traducido por Anne Dacier
(1573) L'Ulisse (en) Traducir en lingua italiana
The Odyssey of Homer (en) Traducir en lingua inglesa
Odyssée (en) Traducir en lingua grega antiga
Příběhy Odysseovy en lingua checa
Odissea (Pindemonte) (en) Traducir en lingua italiana
The Iliad and Odyssey of Homer (en) Traducir en lingua inglesa
L'Odyssée (en) Traducir en lingua grega antiga
Homeri Odyssea (en) Traducir en lingua latina traducido por Bernardo Zamagna (pt) Traducir
Odyssée (en) Traducir en lingua francesa
Odysseia (en) Traducir en lingua grega
Odiseea (en) Traducir en lingua romanesa
L’Odyssée, « Poésie homérique » en lingua francesa
L’Odyssée (en) Traducir en lingua francesa
Одиссея (en) Traducir en lingua rusa
Odyssée (en) Traducir en lingua francesa
L'Odyssée (en) Traducir en lingua francesa
Homérova Odysseia en lingua checa
Homérowa Odyssea (en) Traducir en lingua checa Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Historia
 Parte da serie
Cifras e dimensións
 Nº de partes
 12.109 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF214278437 Editar o valor en Wikidata
Goodreads3356006 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL61982W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05lm8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX2023655
Wikidata C:Commons
Image
Odiseo e Euriclea, por Christian Gottlob Heyne
Image
Inicio da Odisea escrita no dialecto grego xónico

A Odisea é un poema épico atribuído ao grego Homero. Crese que foi escrito no século VIII a.C. nos asentamentos que Grecia tiña na costa oeste de Asia Menor (actual Turquía asiática).

A súa tradución ao galego, editado na década de 1990 polo Consello da Cultura Galega, correu a cargo de Evaristo de Sela.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Narra as aventuras do heroe grego da guerra de Troia Odiseo (Ulises en latín). Comeza coa descrición da casa de Odiseo na illa de Ítaca, de Penélope a súa esposa, e dos pretendentes á súa man, por creren que o heroe xa estaba morto.

Despois vai narrando as peripecias e perigos aos que Odiseo se enfronta na súa viaxe para a súa cidade, até que finalmente describe a chegada á casa e o encontro co seu fillo e a súa esposa, Penélope.

A repercusión da Odisea na cultura occidental pódese ver nas numerosas adaptacións e versións que o seu argumento tivo en prosa, verso, teatro, cine, televisión e historieta. Ademais, legou ao idioma galego os termos odisea e mentor (e termos similares noutros idiomas occidentais). A novela Ulises, do irlandés James Joyce (1882-1941), rende tributo ao antigo poema homérico cun lixeiro matiz irónico, xa que narra os feitos cotiáns que ocorren nun só día na vida do seu protagonista.

Macroestrutura da obra

[editar | editar a fonte]

A obra pode ser dividida nas seguintes grandes seccións:

  • Introdución (Canto I)
  • Telemaquia (aventuras de Telémaco) (Canto II-IV)
  • Odiseo na illa e gruta de Calipso (Canto V)
  • Odiseo chega á illa dos feacios, conta as súas aventuras, e parte da illa dos feacios. Conta como partiu de Troia e chegou á illa de Calipso. (Canto VI- Canto XII)
  • Odiseo chega e permanece na illa de Ítaca, até que mata os pretendentes. (Canto XII-Canto XXIV).

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Casa de Odiseo

[editar | editar a fonte]
  • Odiseo (Ulises) que foi un heroe da guerra de Troia e que quer volver para xunto dos seus.
  • Penélope (muller de Odiseo)
  • Telémaco (fillo de Odiseo e de Penélope)
  • Laertes (pai ancián de Odiseo)
  • Eumeu (porqueiro)

Casa dos feacios

[editar | editar a fonte]
  • Alcínoo , rei dos feacios
  • Areta, esposa de Alcínoo
  • Nausícaa, filla de ambos
  • Laodamante, irmán de Nausícaa, desafiador de Odiseo nos xogos
  • Halio, idem
  • Clitoneo, idem
  • Equeneo, vello heroe
  • Demódoco (aedo, contador lírico de historias)
  • Pontónoo
  • Anfíloo, atleta
  • Euríalo (atleta, desafiador de Odiseo nos xogos)

Compañeiros de Odiseo nas viaxes marítimas

[editar | editar a fonte]
  • Euríloco
  • Perimedes
  • Elpenor
  • Polites

Deuses intervenientes

[editar | editar a fonte]

directamente:

Monstros e criaturas marabillosas

[editar | editar a fonte]

Escenario

[editar | editar a fonte]

As aventuras de Odiseo son aventuras eminentemente marítimas. Odiseo regresa de Troia, na actual Turquía. Tenta regresar á illa de Ítaca onde é rei. A illa de Ítaca fica na costa occidental da Grecia. Así Odiseo vai ter que contornar a península grega. As aventuras teñen por escenario o mar Mediterráneo, entre illas verdadeiras e outras míticas. Entre homes e deuses.

O mar para os gregos era un elemento non natural. Andar no mar era unha manifestación da hybris (desregramento) [Cómpre referencia]. Morrer no mar era o peor que podía acontecer a un grego da época antiga [Cómpre referencia].

Resumo da obra

[editar | editar a fonte]

Son usados os nomes gregos e non os nomes latinos dos deuses e personaxes, porque a obra é grega. Así usa Odiseo en vez de Ulises, Zeus en vez de Xúpiter, Atenea en vez de Minerva, Hermes en vez de Mercurio etc.

  • Invocación á musa. Asemblea dos deuses. Exhortación de Atenea a Telémaco. Festín dos pretendentes.

Prólogo e invocación á musa. Odiseo está retido na illa de Calipso. Os Deuses na ausencia de Poseídon (que odia a Odiseo) reúnense en Concilio e deciden que Odiseo deberá volver á súa terra natal (Ítaca). Atenea disfrázase de Mentes e vai falar con Telémaco para que este parta en busca de novas do seu pai. Os pretendentes de Penélope están nun festín, abusando da hospitalidade da casa.

  • Asemblea dos itacenses. Telémaco parte en procura do pai (Odiseo)

Telémaco convoca a asemblea de Ítaca para que lle aparellen un barco para poder ir en busca dalgunha noticia do seu pai. Discurso de Aexipo. Telémaco quéixase do comportamento dos pretendentes. Antínoo replica culpando Penélope. Telémaco replica e invoca a axuda de Zeus. Eurimaco replícalle.

Disfrazada de Mentor, Atenea aparece ante Telémaco e promételle axuda e acompañamento.

Telémaco vai á casa, pide a Euriclea, a escrava, que lle prepare provisións para a viaxe. Atenea providencia un barco e ambos parten (Telémaco e Atenea).

Canto III

[editar | editar a fonte]
  • Estada de Telémaco en Pilo

En Pilos, Telémaco fala con Nestor. Nestor narra a Telémaco a viaxe de volta da Guerra de Troia, mais nada sabe sobre o paradoiro de Odiseo. Emprestan entón cabalos a Telémaco para a súa viaxe, e acompáñao Pisístrato, fillo de Nestor. Atenea desaparece.

  • Estada de Telémaco na Lacedemonia (Esparta)

Telémaco e Pisístrato chegan á Lacedemonia, terra de Menelao, despois de narrar o seu retorno de Troia di que ouviu do Vello do Mar Proteo que Odiseo aínda estaría vivo nunha illa. Mentres tanto, en Ítaca, os pretendentes planean matar a Telémaco durante a súa volta. Atenea aparece nun soño a Penélope na forma da súa irmá, Iftima, para calmala.

  • A illa de Calipso. A frota de Odiseo.

Odiseo está preso na illa da ninfa Calipso. A pesar de estar ben tratado, Odiseo ten saudades da súa familia. Atenea fala con Zeus acerca das mágoas de Odiseo. Zeus envía a Hermes para interceder xunto de Calipso en favor de Odiseo. Hermes non encontra a Odiseo na gruta de Calipso, pois está xunto ao mar ollando o infinito nostalxicamente. Hermes convence a Calipso para liberar a Odiseo. Ela laméntase porque o ama e lle tiña prometido volvelo nun inmortal. Concorda en lle axudar a facer unha frota. Odiseo a pesar da súa muller (Penélope) ser unha mortal, quer volver con ela. Antes de partir na frota fai o amor pola última vez con Calipso. Abandona a illa despois de recibir recomendacións de Calipso (que vai usar cando for descender ao Hades).

Poseidón (o Neptuno dos latinos) levanta unha tempestade para o fustrigar. Atenea avístao no medio da tempestade e vai no seu socorro. Transformándose en gaivota aparécelle e fálalle na proa do barco. Dálle un veo para o protexer.

A frota desconxúntase. Atenea intercede para que os ventos se calmen. Tivo dous días e dúas noites á deriva. Despois de conseguir non chocar cos rochedos atinxe a praia a nado.

Fai as preces ao espírito do río. Déitase na fraga cubríndose de follas. Adormece nun sono profundo providenciado por Atenea.

  • Chegada de Odiseo ao país dos feacios. Nausicaa
Image
Nausícaa e as súas servas

Odiseo está a durmir. Entre tanto Atenea entra nun soño de Nausícaa e mándalle ir lavar a roupa ao río. Cando Nausícaa acorda diríxese ao río coas servas para lavar a súa roupa nos lavadoiros do río. Atenea induce a Nausícaa e as servas a faceren un xogo tirando unha bola unhas ás outras. Odiseo acorda. Cuestiónase onde estará. El aproxímase a Nausícaa e esta non foxe del. Odiseo ponse na posición do suplicante para Nausícaa. Ela accédelle xentilmente ás súplicas. As servas de Nausícaa ofrécenlle un manto e unha túnica, e óleo para el untar o corpo despois de se bañar no río. Despois danlle comida e bebida.

Nausícaa dálle instrucións para el se dirixir ao palacio do seu pai (Alcínoo), para se tirar aos xeonllos da súa mai e suplicarlle axuda. Se el caer nas súas boas grazas, é certo que regresará a Ítaca porque os feacios son óptimos construtores de barcos. No camiño pasan por un bosque onde Odiseo dirixe preces á deusa Atenea.

Canto VII

[editar | editar a fonte]

Entrada de Odiseo no palacio de Alcínoo

Nausícaa chega á casa. Odiseo fica a rezar a Atenea. Vai a camiño da cidade dos feacios e encontra unha rapaza que non é máis que Atenea disfrazada. Odiseo pregúntalle onde fica o palacio de Alcínoo. Ela dálle as indicacións. Odiseo segue envolto nunha nube providenciada por Atenea para que os habitantes da Feacia non o vexan, porque estes son moi agresivos cos estranxeiros. Odiseo fica marabillado á porta do palacio, el que anda hai tanto tempo lonxe da civilización. Odiseo entra no palacio e lánzase aos pés de Areta. Suplícalle que o axude a ir até á súa patria. Séntase humildemente na cinza e agarda. Un vello, Euqueneo, toma a palabra e intercede por Odiseo. Alcínoo ofrece a Odiseo o lugar do seu fillo Laodamante. Oferécenlle comida. Oferécelle estadía. Todos se van deitar.

Canto VIII

[editar | editar a fonte]

Odiseo no país dos feacios

Alcínoo leva a Odiseo até a Ágora, onde propón que se axude a Odiseo a volver para Ítaca. Os feacios admiran a beleza de Odiseo. Seguen para o palacio. Chaman ó aedo Pontonoo, que senta no medio da sala do palacio para recitar. Cómese. O aedo canta episodios da guerra de Troia. Odiseo conmovido chora e cóbrese cun pano para non o veren. Só Alcínoo repara niso.

Saen todos para a rúa. Van comezar os xogos. Na proba de carreira Clitoneo destaca. Na loita Euríadalo. No salto foi Anfíalo quen destacou. Laodamante cuestiona se Odiseo saberá algún xogo, e desafía a Odiseo con arrogancia. Odiseo argumenta que non quer xogar, que está quebrado, e que a única cousa que o preocupa é volver á casa. Euríalo pícao con soberbia e alude que se cadra Odiseo non pasa dun corsario dos mares. Odiseo, irritado, toma un disco e tírao máis lonxe do que calquera feacio o podería tirar. Atenea disfrazada de home le a marca. Odiseo afirma que non recusa ningunha proba excepto con Laodamante que é o seu anfitrión. Afirma que só ten receo de ser posto á proba na carreira porque está moi quebrado polas desventuras e naufraxios no mar.

Pacificador Alcínoo, di que as palabras de Odiseo son sabias e que os feacios non son perfectos no puxilato nin na loita, mais que son excelentes mariñeiros, corredores, danzantes e excelentes cantores. Mostran a Odiseo as artes do canto.

Cantan o episodio picaresco de Afrodita cando engana o seu marido Hefesto con Ares (Marte).

Halio e Laodamante danzan. Odiseo afirma ao anfitrión que nas artes da danza non hai ninguén como os feacios. Alcínoo fala con Euríalo para pedir desculpa a Odiseo polas provocacións que recibira. Euríalo ofrece unha espada a Odiseo. Alcínoo providencia unha arca con máis presentes para Odiseo.

As servas levan a Odiseo e úntano con óleo. Nausícaa e Odiseo fítanse, ela saúdao, para que el non se esqueza dela e que é grazas a ela que el foi salvo. No banquete, Odiseo ofrece un pedazo de carta ao aedo Demódoco e gáballe o canto. O aedo inspirado canta o episodio do cabalo de Troia. E Odiseo ten outro momento de grandes choros. Outra vez só Alcínoo viu as lágrimas de Odiseo, e pregúntalle por fin: Quen é, de onde é a súa terra, e como foi parar ao país dos feacios?

Relatos de Odiseo (Cícones, Lotófagos, Ciclopes)

Odiseo vírase para o seu anfitrión, Alcínoo e dille que lle vai relatar as súas aventuras. Dille quen é e de onde ven (Odiseo, Ítaca). Vai contar a súa viaxe desde que partiu de Troia. Aproximouse ó Cícones que vivían en Tracia. Aí Odiseo e os seus saquearon a cidade apoderándose das mulleres e das riquezas. Odiseo aconsellou os seus a se retiraren, mais estes ficaron a beber o viño e a degolar bois en abundancia. Os Cícones entrementres foron chamar reforzos. Contraatacaron rexeitando os aqueos. En cada [nao morreron seis dos homes de Odiseo. Fuxiron e deixaron os compañeiros mortos na praia.

Despois de nove días de viaxe arriban á terra dos Lotófagos (literalmente os comedores de loto). Os compañeiros de Odiseo querían ficar cos Lotófagos a comer loto, que lles provocaba o esquecemento. Odiseo tivo que obrigalos a embarcaren.

Chegan á terra dos Ciclopes. Aquí dáse un dos episodios máis coñecidos da saga de Odiseo. Os Ciclopes son seres xigantescos, con feitío de home pero un só ollo no medio da fronte, que viven sen lei e son trogloditas (viven en cavernas). Odiseo movido pola curiosidade quer ver e falar cun ciclope. Os ciclopes son pastores de ovellas. E Odiseo métese na gruta dun deles con doce compañeiros mentres os outros esperan nos barcos. Os compañeiros aconséllano a írense aínda que despois de roubaren uns queixos, mais Odiseo ten vivo interese en falar co dono da gruta. O ciclope Polifemo volta co rabaño e fecha a entrada da gruta cun rochedo. Odiseo diríxeselle como suplicante (o que era un acto sagrado). Ao que Polifemo agarrou en dous dos aqueos e bateulles coas cabezas no chan e comeunos. Cando Polifemo dorme, Odiseo colle unha espada, mais despois reconsidera porque non podería despois abrir a entrada da gruta para saír. No día seguinte, en canto Polifemo estaba co rabaño fóra, cos seus amigos prepara unha gran vara, afíalle a punta e endurécea ao lume. Polifemo volta e come dous aqueos máis. Odiseo ofrécelle viño. Polifemo pregúntalle o nome e el responde: -Eu son "ninguén". Polifemo agradécelle o viño e dille que en retribución da bebida vai deixar a Odiseo ser o último en ser comido. Despois de toldado polo viño, o xigante adormece. Ao que Odiseo e os seus camaradas espétanlle a gran lanza no ollo. Este levántase aos gritos. Aparecen outros Ciclopes aló fóra a preguntarlle o que lle aconteceu. El responde que ninguén o cegou. Eles preguntan quen foi e Polifemo responde por "ninguén".

No día seguinte os aqueos e Odiseo pendúranse por baixo das ovellas. Así o Polifemo cego que agarra nas ovellas unha a unha para pór para fóra, e que as apalpa por riba, non se apercibe do estrataxema. Foxen así os que aínda ficaban para as naos ancoradas. Despois de levantaren ferro, Odiseo a algunha distancia da costa grita inxurias a Polifemo cego. Este nun acceso de rabia tíralles grandes pedras que case acertan nas naos.

  • Relatos de Odiseo (Eolo, os Lestrígones).
  • relatos de Odiseo (Evocación dos Mortos)

Despois dun vento favorábel providenciado por Circe, a nao de Odiseo chega ao país dos Cimerios. Despois das libacións e das ofrendas aos deuses, Odiseo dirixe unha oración aos mortos. Odiseo diríxese á entrada do Inferno para descender ao mundo subterráneo dos mortos e consultar a Tiresias.

Nótese que o reino dos mortos, o Hades, tamén chamado de inferno ou infernos é moi diferente do inferno dos cristiáns. Os gregos non tiñan a noción de Paraíso, e o reino dos mortos era un sitio onde apenas había sombras, unha sombra triste do que as persoas foron en vida.

Entón Odiseo entra no mundo dos mortos, os seus compañeiros fican na superficie facendo rituais para calmar os mortos. Odiseo encontra o seu compañeiro Elpenor. Encontra a súa defunta mai Anticlea. Odiseo conmóvese ante a súa aparición. Despois encontra a Tiresias e recibe os seus consellos e profecías: Poseidón tentará todo para que Odiseo non regrese a casa. Dille que cando encontrar os Bois de Helio non os debe molestar, e que se o fixer gran mal acontecerá; e que cando chegar a casa grandes preocupacións virán porque haberá homes que pretenden a súa esposa e que dilapidan os seus bens. Tiresias predí aínda que Odiseo matará os pretendentes. E que acabará nunha vellez opulenta e que na súa volta os pobos florecerán. Tiresias retírase para os fondos do reino dos mortos. A mai de Odiseo pregúntalle como foi el capaz de chegar até debaixo do mundo e se xa chegara a Ítaca. Odiseo dille que lle era necesario ir ao Hades para consultar a Tiresias e que non chegou aínda a Ítaca. A mai de Odiseo dille que Penélope continúa fiel no seu corazón a Odiseo. E que o pai aínda vive, mais está moi apagado. Odiseo tenta abrazar tres veces a mai, mais tres veces abraza só un soño.

Despois Odiseo avista varias princesas, entre elas a Iocasta, a mai de Edipo. Alén de Cloris, Leda, Ifimedía, Fedra, Procris, Ariana, filla de Minos, Mera, Clémene, Erifila, Areta, etc.

Interrómpese o relato de Odiseo. Esta interrupción lémbranos que estamos na corte dos feacios a ouvir a Odiseo a contar (en analepse, ou flashback) as súas aventuras até chegar ao reino de Alcínoo.

Odiseo conta que encontrou máis personaxes no reino dos mortos:

  • Aquiles.
  • Aiax, e heroes e compañeiros de Odiseo na guerra de Troia.
  • Avista aínda a Minos.
  • Titio.
  • Tántalo (que tiña o suplicio de estar preso de pé nun lago a morrer de sede sen conseguir beber).
  • Sísifo, que levaba unha rocha ás costas ladeira enriba que despois escorregaba, e despois volvía a empurralo eternamente.
  • Despois avista a Heracles.

Os mortos comezan a acumularse en volta de Odiseo con gritos medoños e este, tomado polo medo, e xa tendo consultado a Tiresias que era a razón de ter descendido a aquel reino, retírase. Odiseo ascende á superficie e chegando xunto dos compañeiros levanta ferros.

Canto XII

[editar | editar a fonte]

Relatos de Odiseo (Sereas. Escila. Caribdis. Bois de Helios).

Image
Odiseo falando con Circe

Odiseo manda os seus compañeiros á mansión de Circe para recuperar o corpo de Elpenor. O corpo é suxeito a cremación nunha fogueira. Circe, non ignorando que Odiseo regresou do Hades, tróuxolles carnes e viños en abundancia. Circe dálles instrucións para a viaxe. Van encontrar sucesivamente as Sereas, Escila e Caribdis. Odiseo cuestiona que, se puider evitar Caribdis, podería atacar Escila. Circe respóndelle que non, que non debe estar sempre a pensar en feitos guerreiros (aconséllalle polo tanto temperanza). Circe dille aínda que el chegará a seguir á illa da Trinacria (que quer dicir tres montes, e que corresponde a Sicilia). Circe vaise, aínda que Odiseo e os seus retoman viaxe.

Odiseo, "dos mil trucos", quer ouvir o canto inmortal das sereas. Que consta que son cánticos tan divinos que un mortal enlouquece e tírase á auga. Odiseo pide aos seus colegas que poñan todos cera nos ouvidos para non ouviren o canto. Despois pide que o amarren ao mastro e que por máis que el suplique que non o desamarren. Así, o intelixente Odiseo consegue ser o único ser humano que ouviu o canto das sereas e que ficou vivo para contar. Cando elas aparecen el grita a plenos pulmóns para que o liberen. Mais os seus compañeiros cumpren o que prometeron e non o ceiban. Despois de pasaren as sereas...

Aquí acaba o relato de Odiseo aos feacios que ocupou todos os capítulos IX, X, XI, XII e XIII. Repárese que isto é unha narrativa de encaixe dentro dunha historia maior. A Odisea é un poema narrativo. Tendo así algunhas características do xénero da novela.

Canto XIII

[editar | editar a fonte]

Odiseo deixa o país dos feacios. Chega a Ítaca.

Canto XIV

[editar | editar a fonte]

Conversa de Odiseo co porqueiro Eumeu

Chegada de Telémaco á casa de Eumeu

Canto XVI

[editar | editar a fonte]

Telémaco recoñece o pai Odiseo

Canto XVII

[editar | editar a fonte]

Telémaco volta á cidade de Ítaca

Canto XVIII

[editar | editar a fonte]

Puxilato de Odiseo e de Iro

Canto XIX

[editar | editar a fonte]

Conversas de Odiseo con Penélope. O baño de pés.

Preparación para o masacre dos pretendentes

Canto XXI

[editar | editar a fonte]

O arco

Canto XXII

[editar | editar a fonte]

O masacre dos pretendentes.

Canto XXIII

[editar | editar a fonte]

Penélope recoñece a Odiseo

Canto XXIV

[editar | editar a fonte]

Nos infernos. A paz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]