C-25
Aparencia
| C-25 Eix Transversal | |
|---|---|
| Tipoloxía | Autovía |
| Rede | Rede de Estradas da Generalitat de Cataluña |
| Lonxitude | 141 km |
| Localización | |
| Inicio | Cervera (A-2) |
| Fin | Riudellots de la Selva (A-2) |
A C-25 ou Eix Transversal é unha autovía que atravesa Cataluña, unindo as Terres de Ponent coa AP-7 sen pasar por Barcelona. É titularidade da Generalitat de Cataluña e ten 154 km de lonxitude entre Cervera e Riudellots de la Selva.
O Eix Transversal inaugurouse entre 1993 e 1997 como estrada convencional, entrando en servizo o seu último treito o 12 de decembro de 1997. A alta ocupación e as taxas elevadas de mortalidade na estrada fixeron que se desdobrara en autovía a partir de 2008. O 4 de xaneiro de 2013 completáronse as obras.
A autovía vertebra as comarcas interiores de Cataluña, pasando por varias localides importantes como Cervera, Manresa, Vic e Santa Coloma de Farners.