Eoceno
| Eoceno | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Paleóxeno | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O Eoceno,[1] unha división da escala temporal xeolóxica, é unha época xeolóxica da historia da Terra, a segunda do período paleóxeno na era cenozoica.
Comprende o tempo entre o final do paleoceno (hai 55,8 ± 0,2 millóns de anos) e o principio do oligoceno (hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos).[2][3][4][5]
Durante esta época formáronse algunhas das cordilleiras máis importantes do mundo, como os Alpes ou o Himalaia, e aconteceron varios cambios climáticos importantes como o máximo térmico do Paleoceno-Eoceno, que aumentou a temperatura do planeta e delimita o inicio desta época xeolóxica, o evento Azolla, un arrefriamento global que daría paso ás primeiras glaciacións, ou eventos de extinción masiva como a Gran Ruptura (en francés Grande Coupure, que marca o final do eoceno.
As aves predominaban sobre os demais seres, e os primeiros cetáceos comezaron o seu desenvolvemento. Ademais, a especie de serpente máis grande que existiu data do eoceno. Nesta época xeolóxica produciuse tamén unha grande expansión e diversificación das formigas. A Antártida comezou a época rodeada de bosques tropicais, e o finalizou coa aparición dos primeiros casquetes polares. Existen multitude de xacementos paleontolóxicos en diversos lugares do mundo que confirman estes feitos, como o sitio fosilífero de Messel, en Alemaña, ou a Formación Green River, en Norteamérica.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome eoceno, definido polo xeólogo británico Charles Lyell, provén das palabras gregas ἠώς eós, 'alba' e καινός kainós, 'novo', facendo referencia á aparición das ordes modernas de mamíferos durante esta época.
Subdivisións
[editar | editar a fonte]O Eoceno adoita subdividirse informalmente en Eoceno inferior (ypresiense), Eoceno medio (luteciense e bartoniense), e Eoceno superior (priaboniense). É menos frecuente subdividilo en inferior e superior unicamente. Neste caso, o luteciense pasaría a formar parte do Eoceno inferior, mentres que o bartoniense faría o propio no Eoceno superior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eoceno.
- ↑ Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
- ↑ International Stratigraphic Chart, 2008
- ↑ Rohde, Robert A. (2005). "Ypresian ICS Stage". GeoWhen Database. International Commission on Stratigraphy. Consultado o 10 de maio de 2008.
- ↑ Rohde, Robert A. (2005). "Priabonian ICS Stage". GeoWhen Database. International Commission on Stratigraphy. Consultado o 10 de maio de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eoceno |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- López Martínez, Nieves (1998): Geologia y paleontologia del Eoceno de La Pobla de Segur, Lleida. Lleida: Universitat de Lleida. ISBN 84-89727-60-0.
- Aubry, Marie-Pierre Aubry; William A. Berggren e Spencer G. Lucas (1998): Late Paleocene-Early Eocene Biotic and Climatic Events in the Marine and Terrestrial Records. Columbia University Press. ISBN 0-231-10238-0.
- Gunnell, Gregg F. (2001): Eocene Biodiversity: Unusual Occurrences and Rarely Sampled Habitats. Kluwer Academic Pub. ISBN 0-306-46528-0.
- Nesbitt, Elizabeth; Donald R. Prothero e Linda C. Ivany (2003): From Greenhouse to Icehouse: The Marine Eocene-Oligocene Transition. Columbia University Press. ISBN 0-231-12716-2.
- Prothero, Donald R. (1993): The Eocene-Oligocene Transition: Paradise Lost. Columbia University Press. ISBN 0-231-08091-3.
- Prothero, Donald R. e Robert J. Emry (1996): The Terrestrial Eocene-Oligocene Transition in North America. Cambridge University Press. ISBN 0-521-43387-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Eoceno na web de Celestia (en castelán)
- Paleomapa do eoceno
- A vida no eoceno (en inglés)
- The Eocene and the Eocene-Oligocene transition (en inglés)
- Wadi Al-Hitan (Whale Valley) na web do Patrimonio da Humanidade da UNESCO (en inglés)
- Formación Green River (en inglés)
- Sitio fosilífero de Messel (en alemán)
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |