A Game Boy Light (en xaponés: ゲームボーイライト, Gēmu Bōi Raito) é unha videoconsola portátil de Nintendo que saíu á venda unicamente no Xapón en abril de 1998. Ao igual que a Game Boy Pocket, a consola tiña un prezo de 6.800 iens.[1] É case do mesmo tamaño que a Pocket e ten unha luz de fondo parcialmente azulada para condicións de pouca luz. Utiliza dúas pilas AA, que lle dan aproximadamente 20 horas de autonomía coa luz apagada e 10 cando está acesa.[2]
A Game Boy Light é a máis rara da saga Game Boy, podéndose comprar case unicamente por importación dende o Xapón durante 1998. Foi a única consola de Nintendo producida con pantalla alumada ata a saída da Game Boy Advance SP en 2003.
Ata 16 páxinas de 8 KB de RAM de traballo intercambiábel (no cartucho de xogo) para un máximo de 128 KB de RAM externa (que pode ser alimentada por batería para gardar partidas).
Os primeiros dous modelos que saíron á venda foron as versións dourada e prateada. Un pouco máis tarde saíron seis edicións especiais e limitadas, que son:
Game Boy Light Clear Red: Tezuka Osamu World Shop.[3]
Game Boy Light Astro Boy: Tezuka Osamu World Shop.[4]
Game Boy Light Pikachu Yellow: Pokémon Center Tokio. Como o seu propio nome indica, esta versión vendeuse só na única tenda Pokémon Center que había por aquel entón, en Tokyo.[5]
Game Boy Light Famitsu Skeleton. Existen dúas versións, aínda que a consola é exactamente a mesma nas dúas. Por unha banda está a edición de encarga e por outra a edición de evento. A primeira conseguíase comprándoa por correo e a segunda nun evento especial realizado no barrio xaponés de Akihabara.[7]