Saltar ao contido

La

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Uso
Características
 Material / ingrediente
Códigos e identificadores
Freebase/m/09kxp Editar o valor en Wikidata
MeSHD014935 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2775951321 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 141143 BNE: XX527434
Wikidata G:Commons C:Commons

A la[1] (do latín lana) obtense da extracción do pelo ondulado da ovella ou doutros animais. Da la obtéñense moitos produtos téxtiles, como sacas, luvas ou pezas de roupa.

O seu uso é maior nas zonas máis frías, xa que este produto ten propiedades illantes. A la era amplamente usada ata o espallamento do uso do algodón, máis barato de producir (xa que vén dunha planta), e máis doado de fiar nas máquinas tecedoras a partir da revolución industrial.

Obtención

[editar | editar a fonte]

As las mais valiosas son as que proceden de ovellas de tres a seis anos. Unha ovella produce ao ano dun a tres quilos de la fina ou de dous a seis quilos de la grosa, segundo se trate dunha raza ou outra.

As partes illadas do vélaro mostran grandes diferenzas en canto a finura e estado de limpeza, segundo a parte do corpo de que procedan. A clasificación do vélaro ten a súa importancia, se se aspira a lograr certa uniformidade no fiado.

Image
Imaxe dun feixe de la.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]