Loricíferos
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
| Loricíferos | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Loricifera Reinhardt Møbjerg Kristensen 1983 | |||||||||||
| |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Os loricíferos (Loricifera, do latín lorica, "coiraza", "cota de malla", e ferre, "levar", literalmente "os que levan cota") son un pequeno filo de animais pseudocelomados, composto tan só por vinte e dúas especies de tamaño microscópico (oscila entre as 100 µm e 1 mm),[1] que habitan nos intersticios dos sedimentos mariños, unidos ás partículas de grava ou area, e que se caracterizan por estaren protexidos por unha caixa ou loriga, á que deben o seu nome.[2][3]
Á parte destas pouco máis de vinte especies descritas, hai aproximadamente 100 máis que foron recollidos pero que aínda non se describiron.[2] Os loricíferos encóntranse a todas as profundidades, en sedimentos de diferentes tipos, e en todas as latitudes.),[1]
O primeiro espécime foi recollido nos anos 1970, e descrito en 1983, cando o zoólogo danés Reinhardt Kristensen fudou o filo,[4] polo que se encontran entre os grupos de metazoos máis recentemente descubertos.[5]
Características
[editar | editar a fonte]Estes animais teñen unha cabeza, na que se sitúa a boca, onde comeza o aparello dixestivo; a cavidade corporal comprende un pseudoceloma que remata no ano.
Todo o corpo está envolto por unha armadura denominada loriga, especie de casca externa protectora. Non teñen sistema circulatorio nin sistema endócrino. A súa reprodución é sexual, con sexos separados, e probabelmente son ovíparos. Moitas das larvas son acelomadas, e a maioría dos adultos son pseudocelomados, aínda que algunhas especies son acelomadas.[5]
O desenvolvemento é xeralmente directo, aínda que se coñecen larvas, denominadas larvas de Higgins, que difiren dos adultos en varios aspectos. Os seus ciclos vitais son moi complexos, e comprenden etapas pedoxenéticas con diferentes formas de reprodución partenoxenética.[2]

No existen rexistros fósiles.
Afinidades taxonómicas
[editar | editar a fonte]Estudos morfolóxicos situáronos no clado Vinctiplicata, dos Scalidophora, que reuniría aos loricíferos cos priapúlidos e sería clado irmán dos quinorroincos. Os tres filos teñen catro caracteres en común: cutícula quitinosa, aneis escamosos, flósculos e dos aneis que se poden retraer cara ao interior do corpo.[1][5]
Pero a monofilia deste clado está apoiada só por razóns morfolóxicas, e estudos moleculares recentes indican que os loricíferos poden estar máis estreitamente relacionados cos nematomorfos.[6]
Historia evolutiva
[editar | editar a fonte]Pénsase que os loricíferos son descendentes en miniatura dun organismo máis grande, talvez similar aos Sirilorica, fósiles do cámbrico.[6] Porén, o rexistro fósil dun grupo de organismos microscópiocs non mineralizados é quizais (como era de esperar) escaso, polo que é difícil rastrexar a historia evolutiva do filo.
Clasificación
[editar | editar a fonte]O filo dos loricíferos comprende unha soa clase, cunha única orde que comprende dúas familias con tres xéneros cada unha.
- Clase Nanaloricea Anderson, 1992
- Orde Nanaloricida Kristensen, 1983
- Familia Pliciloricidae Higgins e Kristensen, 1986
- Xénero Pliciloricus
- Xénero Rugiloricus
- Xénero Titaniloricus
- Familia Nanaloricidae Kristensen, 1983
- Xénero Nanaloricus
- Xénero Armorloricus
- Xénero Phoeniciloricus
- Familia Pliciloricidae Higgins e Kristensen, 1986
- Orde Nanaloricida Kristensen, 1983
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Heiner, I. (2005): "Preliminary account of the loriciferan fauna of the Faroe Bank (NE Atlantic)". Biofar Proceedings 2005: 213–219.
- 1 2 3 Gad, G. (2005): "Successive reduction of the last instar larva of Loricifera, as evidenced by two new species of Pliciloricus from the Great Meteor Seamount (Atlantic Ocean)", Zoologischer Anzeiger 243: 239–271.
- ↑ Ruppert, Edward E., Richard S. Fox e Robert D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. 7th ed. Toronto: Brooks/Cole — Thomson Learning.
- ↑ Kristensen (1983): "Loricifera, a new phylum with Aschelminthes characters from the meiobenthos". Zeitschrift fuer Zoologische Systematik und Evolutionsforschung 21 (3): 163-180.
- 1 2 3 Kristensen, R. M. (2002): "An Introduction to Loricifera, Cycliophora, and Micrognathozoa". Integrative and Comparative Biology 42: 641–651.
- 1 2 Peel, J. S. (2010): "A Corset-Like Fossil from the Cambrian Sirius Passet Lagerstätte of North Greenland and Its Implications for Cycloneuralian Evolution", Journal of Paleontology 84 (2): 332–340. Resumo
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Loricíferos |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Loricíferos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
- Ruppert, Edward E.; R. Fox e R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. A Functional Evolutionary Approach. Pacific Grove (California): Brooks Cole. ISBN 0-03-025982-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Para o filo Loricifera
[editar | editar a fonte]- Loricifera en SIIT. (en inglés) Consultada o 23/05/2019.
- Loricifera Arquivado 10 de decembro de 2012 en Wayback Machine. en Tree of Life. (en inglés) Consultada o 20/01/2013.
- Loricifera en Animal Diversity Web. (en inglés) Consultada o 20/01/2013.
- Loricifera en NCBI. (en inglés) Consultada o 20/01/2013.
- Loricifera en World Register of Marine Species. (en inglés) Consultada o 20/01/2013.
Para a clase Nanaloricidae
[editar | editar a fonte]- Nanaloricida en SIIT. (en inglés) Consultada o 23/05/2019
- Nanaloricida en World Register of Marine Species. (en inglés) Inclúe familias e especies. Consultada o 23/05/2019.
- Nanaloricicida en NCBI. (en inglés) Consultada o 23/05/2019.