Saltar ao contido

Machine Head

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Machine Head
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Discografía
Implicados
 Selo discográfico
Datas
 Fundación / creación
1991 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1991 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
VIAF128048012 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122539507 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01ryjcc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: nm1573324 Facebook: MachineHead Twitter: MfnH Instagram: machine_head Tumblr: machinehead MySpace: machinehead Youtube: UC5mX9jQdmMRzCLfOJmeyhsg Souncloud: machinehead1 Spotify: 0lVlNsuGaOr9vMHCZIAKMt Apple Music: 16638695 Last fm: Machine+Head Musicbrainz: 22a1f4d7-81ff-4216-ac06-3387da6bc118 Songkick: 211247 Discogs: 251684 Allmusic: mn0000221445 Deezer: 536 Genius: Machine-head Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Machine Head é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de Oakland (California).[1][2] A banda foi formada o 12 de outubro de 1991 polo guitarrista e vocalista Robb Flynn, que segue sendo o único membro orixinal do grupo. A musicalidade agresiva de Machine Head converteuna nunha das bandas pioneiras na nova onda do heavy metal estadounidense. A súa formación actual está composta por Flynn, o baixista Jared MacEachern, o batería Matt Alston e o guitarrista Reece Scruggs. O baixista Adam Duce, os guitarristas Logan Mader, Ahrue Luster, Phil Demmel e Wacław Kiełtyka, e os baterías Tony Costanza, Chris Kontos e Dave McClain son antigos membros da banda; Mader e Kontos estiveron de xira con Machine Head en 2019 e 2020 como parte da xira do 25 aniversario do seu primeiro álbum, Burn My Eyes (1994).

Os primeiros catro álbums de Machine Head déronlle á banda unha crecente base de fans en Europa, onde chamaron a atención do programa Headbangers Ball da MTV. Nos Estados Unidos (onde o programa foi retirado durante o movemento grunge) Machine Head non tería éxito ata lanzamentos posteriores. O grupo estivo a piques de separarse en 2002 despois de que fallasen as negociacións co seu selo, Roadrunner Records, no medio da controversia que rodeu ao seu cuarto álbum Supercharger (editado tres semanas despois dos atentados do 11 de setembro de 2001) fixo que o tema "Crashing Around You", que tiña un vídeo no que saían edificios ardendo, fose retirado de todos os medios de comunicación. A banda volveu a asinar con Roadrunner pouco despois.

Despois de experimentar con elementos de groove metal e nu metal nos seus primeiros lanzamentos, Machine Head cambiou a un son thrash metal máis tradicional e cancións máis longas co seu sexto álbum, The Blackening (2007), que recibiu a aclamación da crítica e foi escollido como Álbum da Década por Metal Hammer en 2010;[3] o primeiro sinxelo do álbum, "Aesthetics of Hate", tamén gañou unha nomeación aos premios Grammy.[4] A banda acadou un éxito similar cos seus dous álbums seguintes, Unto the Locust (2011) e Bloodstone & Diamonds (2014).

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Burn My Eyes1994Roadrunner Records
The More Things Change...1997Roadrunner Records
The Burning Red1999Roadrunner Records
Supercharger2001Roadrunner Records
Through the Ashes of Empires2003Roadrunner Records
The Blackening2007Roadrunner Records
Unto the Locust2011Roadrunner Records
Bloodstone & Diamonds2014Nuclear Blast
Catharsis2018Nuclear Blast
Of Kingdom and Crown2022Nuclear Blast, Imperium
Unatoned2025Nuclear Blast, Imperium
  1. Strong, Martin C (1998). Crown Publishing, ed. The Great Rock Discography. p. 16. ISBN 0-8129-3111-4.
  2. Larkin, Colin (1995). Guinness Publishing, ed. The Guinness Encyclopedia of Popular Music. p. 2655. ISBN 1-56159-237-4.
  3. Appleford, Steve (2025-06-02). ""There would be shootouts down the street." Machine Head's Robb Flynn takes us on a tour of Oakland, California - and 30 years of metal history". Louder (en inglés). Consultado o 2026-02-17.
  4. "50th Annual GRAMMY Awards". grammy.com. Consultado o 2026-02-17.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]