Saltar ao contido

Oleaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oleaceae
Oleaceae
Johann Centurius Hoffmannsegg, Johann Heinrich Friedrich Link 1809 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome común
Oleáceas Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeLamiales
 FamiliaOleaceae Editar o valor en Wikidata
Hoffmanns. e Link, 1809 Oleaceae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0kk07 Editar o valor en Wikidata
MeSHD029592 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776344796 Editar o valor en Wikidata
ITIS32927 Editar o valor en Wikidata
OTT23723 Editar o valor en Wikidata
CoLDK4 Editar o valor en Wikidata
EOL4426 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-7000000422 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Oleaceae ou Oleáceas, son unha familia de plantas pertencente á orde Lamiales. Comprende 24 xéneros de plantas leñosas, incluídos arbustos, árbores e rubideiras. Caracterízase polas follas opostas que poden ser simples ou pinnadamente compostas. As súas flores posúen cáliz e corola con catro lóbulos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son árbores, arbustos ou rubideiras leñosas; plantas hermafroditas, andromonoicas ou dioicas. Follas opostas ou ás veces alternas, trifoliadas ou imparipinnadas, sen estípulas. Inflorescencias terminais ou axilares, cimosas, paniculadas, dicasiais, subumbeliformes, fasciculadas ou flores solitarias, flores actinomorfas; sépalos 4 (–numerosos), libres ou sen sépalos, valvados, ás veces ausentes; corola xeralmente simpétala, 4 (–numerosos) lóbulos, ás veces os pétalos libres ou ausentes; estames 2 (4), adnados ao tubo da corola nas flores simpétalas, anteras con dehiscencia lonxitudinal; ovario súpero, bilocular, estilo terminal con estigma bilobado ou subcapitado, ou estigma sésil. Froito unha drupa, baga, cápsula ou sámara, a miúdo cunha semente.[1]

Moios dos membros desta familia son economicamente importantes, como a oliveira, polos seus froitos (as olivas) e o aceite que se extrae deles. Os freixos (árbores do xénero Fraxinus) son valiosos pola súa madeira e as Forsythias, lilas, xasmíns e Chionanthus valóranse coma plantas paisaxísticas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Oleaceae foi descrita por Hoffmanns. & Link e publicado en Flore portugaise ou description de toutes les ... 1: 62. 1809.[1] O xénero tipo é: Olea L.

Lista de xéneros e sinónimos relacionados por orde alfabética segundo APWeb:[2]

  1. 1 2 "Oleaceae". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de decembro de 2012.
  2. Oleaceae en APWeb consultado o 19 de maio de 2011

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. (eds.) 2009. Cucurbitaceae a Polemoniaceae. Fl. Mesoamer. 4(1): 1–855.
  • Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel Jarquin. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii,.