Pomelo
| Pomelo | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Citrus paradisi James Macfadyen 1830 | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
| Valor nutricional por 100 g | |
|---|---|
| Enerxía | 138 kJ (33 kcal) |
8.41 g | |
| Azucres | 7.31 g |
| Fibra alimentaria | 1.1 g |
0.10 g | |
.8 g | |
| Vitaminas | Cantidade %DV† |
| Tiamina (B1) | 3% 0.037 mg |
| Riboflavina (B2) | 2% 0.020 mg |
| Niacina (B3) | 2% 0.269 mg |
| Ácido pantoteico (B5) | 6% 0.283 mg |
| Vitamina B6 | 3% 0.043 mg |
| Ácido fólico (B9) | 3% 10 μg |
| Colina | 2% 7.7 mg |
| Vitamina C | 40% 33.3 mg |
| Vitamina E | 1% 0.13 mg |
| Minerais | Cantidade %DV† |
| Calcio | 1% 12 mg |
| Ferro | 0% 0.06 mg |
| Magnesio | 3% 9 mg |
| Manganeso | 1% 0.013 mg |
| Fósforo | 1% 8 mg |
| Potasio | 3% 148 mg |
| Cinc | 1% 0.07 mg |
| Outros constituíntes | Cantidade |
| Auga | 90.48 g |
| |
| †As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient | |
O pomelo[1] (Citrus × paradisi), é unha árbore da familia das rutáceas cultivada pola súa froita cítrica. É un híbrido, probablemente producido de forma espontánea entre a Citrus maxima e a laranxeira doce (Citrus × sinensis) nas plantacións do mar Caribe ao redor do século XVII.
Características
[editar | editar a fonte]O froito, chamado tamén pomelo[2], é un hesperidio globoso ou apenas piriforme, de ata 15 cm de diámetro. Está recuberto dunha tona grosa, carnosa, despegada do endocarpo, de cor amarela ou rosácea, con glándulas oleosas pequenas e moi aromáticas. Ten de 11 a 14 carpelos, firmes, moi xugosos, doces ou ácidos segundo a variedade, separados por paredes membranosas de característico sabor amargo que conteñen polpa de cor que vai da amarela pálida á vermella moi intensa. As sementes son escasas, de ata 1,25 cm de longo, normalmente poliembriónicas, lisas, elípticas ou apicadas, brancas por dentro.
Principais produtores
[editar | editar a fonte]Os principais países produtores deste cítrico son os EUA, Arxentina, Cuba, Israel, Chipre, Mozambique, México e Suráfrica.
Notas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pomelo |
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pomelo.
- ↑ VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 197. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |