Saturno IB
| Saturno IB | |
|---|---|
| Función | Lanzador espacial pesado |
| país de orixe | Estados Unidos[1] |
| Tamaño | |
| altura | 51,0 m[1] |
| diámetro | 6,61 m[1] |
| masa | 448.648 kg[1] |
| Etapas | 2[1] |
| Carga LEO | |
| masa | 18.600 kg[1] |
| foguetes derivados | |
| Familia | Saturno |
| Lanzamento históricos | |
| Estado | Retirado[1] |
| Sitios | Cabo Cañaveral[1][2] |
| Total de lanzamentos | 9[1][2] |
| Voo inaugural | 26 de febreiro de 1966[1][2] |
| Último voo | 15 de xullo de 1975[1][2] |
| Primeira etapa – Saturno IB[1] | |
| altura | 24,48 m[1] |
| diámetro | 6,52 m[1] |
| masa baleiro | 41.594 kg[1] |
| masa cheo | 448-648 kg[1] |
| impulsado por | 8 H-1[1] |
| potencia máxima | 8241,763 kN[1] |
| Impulso específico | 296 s[1] |
| propelente | Osíxeno líquido e queroseno[1] |
| Segunda etapa – Saturno IVB[1] | |
| altura | 17,80 m[1] |
| diámetro | 6,61 m[1] |
| masa baleiro | 12.900 kg[1] |
| masa cheo | 118.800 kg[1] |
| impulsado por | 1 J-2[1] |
| potencia máxima | 1031,6 kN[1] |
| Impulso específico | 421 s[1] |
| propelente | Osíxeno líquido e hidróxeno líquido[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Saturno IB foi o nome dun foguete dos Estados Unidos derivado do Saturno I e que usouse tanto de maneira independente como parte do Saturno V.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]O Saturno IB foi unha mellora do Saturno I, usando ao mesmo tempo unha segunda etapa Saturno IVB mellorada. Usouse para facer probas das naves Apolo e do módulo lunar, así como para enviar tripulacións á estación espacial Skylab.[1][2]
A parte superior do foguete foi modificada para soportar o maior peso e diámetro do novo Saturno IVB. As aletas aerodinámicas foron redeseñadas debido á maior lonxitude e peso do foguete e varios cambios na estrutura aforraron 9000 kg de peso. Co Saturno IB puidéronse usar os mesmos procedementos de fabricación e probas que co Saturno I, co que se aforrou en tempo e diñeiro.[1][2]
O foguete fixo nove lanzamentos (dous deles suborbitais), todos exitosos.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]| Voo[1][2] | Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
|---|---|---|---|---|---|
| SA-201 | 26 de febreiro de 1966 | Cabo Cañaveral LC-34 | Apolo 201 (non tripulado) | Éxito | Primeiro lanzamento dun Saturno IB. Voo suborbital con 488 km de apoxeo. |
| SA-203 | 5 de xullo de 1966 | Cabo Cañaveral LC-37B | Apolo 203 (non tripulado) | Éxito | |
| SA-202 | 25 de agosto de 1966 | Cabo Cañaveral LC-34 | Apolo 202 (non tripulado) | Éxito | |
| SA-204 | 22 de xaneiro de 1968 | Cabo Cañaveral LC-37B | Apolo 5 (non tripulado) | Éxito | Proba do módulo lunar en órbita terrestre. |
| SA-205 | 11 de outubro de 1968 | Cabo Cañaveral LC-34 | Apolo 7 | Éxito | Primeiro voo tripulado dunha cápsula Apolo, con Eugene Cernan, Thomas Stafford e John Young a bordo. |
| SA-206 | 25 de maio de 1973 | Cabo Cañaveral LC-39B | Skylab 2 | Éxito | Envío da primeira tripulación (Charles Conrad, Joseph Kerwin e Paul Weitz) á estación espacial Skylab. |
| SA-207 | 28 de xullo de 1973 | Cabo Cañaveral LC-39B | Skylab 3 | Éxito | Envío da segunda tripulación (Alan Bean, Owen Garriott e Jack Lousma) á estación espacial Skylab. |
| SA-208 | 16 de novembro de 1973 | Cabo Cañaveral LC-39B | Skylab 3 | Éxito | Envío da terceira e última tripulación (Gerald Carr, Edward Gibson e William Pogue) á estación espacial Skylab. |
| SA-210 | 15 de xullo de 1975 | Cabo Cañaveral LC-39B | ASTP | Éxito | Último lanzamento dun Saturno IB. Misión Apolo-Soiuz. |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 Mark Wade (2017). "Saturn IB" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2017.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Saturn-1B" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saturno IB |