Senescal
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Senescal | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Senescal era un alto funcionario de palacio. O cargo de senescal existía na maior parte das cortes reais ou principados medievais da Europa occidental. Segundo as rexións ou os países, o labor do senescal era diferente. A palabra senescal procede do vocábulo latino senex (ancián) e vocábulo xermánico skalk (servidor), e significa "servidor de máis idade", "decano dos servidores". O título correspondente nas cortes da Europa do Leste era o de stolnic, derivado da palabra eslava stol (mesa).