Trematodos
| Trematodos | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Trematoda Karl Asmund Rudolphi 1808 | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Subdivisións
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
Os trematodos[1] (Trematoda) son unha clase de vermes planos pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica o feito de ser parasitos; a diferenza dos monoxeneos, non teñen opisthoaptor, en cambio, caracterízanse por ter unha ou dúas ventosas. Parécense aos turbelarios en ter unha canle alimentaria relativamente ben desenvolvida, e os seus sistemas muscular, excretor e reprodutivos tamén son relativamente completos.
Teñen o corpo recuberto por unha cutícula e os adultos carecen de epiderme. A maioría dos trematodos teñen ciclos de vida complexos con estadios que afectan a varias especies; en estado adulto son endoparásitos de vertebrado, incluíndo ao ser humano, e en estado larval o son de moluscos e, ás veces, dun terceiro hóspede.[2]
Foron descritas arredor de 9.000 especies. Este grupo inclúe varios parasitos que teñen un enorme impacto nas poboacións humanas, como os trematodos hepáticos humanos, como Fasciola hepatica e o Schistosoma mansoni que causa a enfermidade esquistosomíase.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trematodos.
- ↑ Muñoz, Gabriela (decembro 2005). "Metacercarias de la familia Microphallidae (Trematoda: Digenea) en el anfípodo Hyale grandicornis en la costa de Maule, Chile Central". Parasitología latinoamericana (en castelán) 60 (3-4): 165–169. ISSN 0717-7712. doi:10.4067/S0717-77122005000200011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trematodos |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Trematodos |