Saltar ao contido

quedar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Image Pronuncia: /keˈðaɾ/ (AFI)

Image Verbo intransitivo

quedar

  1. Permanecer ou seguir nun lugar, posición, estado ou situación.
  2. Pasar a estar nun determinado estado ou situación despois dun suceso, acción ou cambio.
  3. Gardar, coller ou reter algo para si.
  4. Acordar dúas ou máis persoas verse, encontrarse ou facer algo nun lugar ou momento determinados.
  5. Producir unha cousa certo efecto estético, visual ou de impresión.
  6. (quedar de ou quedar en) Chegar ao acordo ou adquirir o compromiso de facer algo.
  7. (quedar en) Ter como resultado, desenlace ou consecuencia final aquilo que se expresa.
  8. Seguir habendo ou tendo unha cousa, especialmente como resto.
  9. Ser considerado dunha determinada maneira como consecuencia dunha acción, actitude ou comportamento.
  10. Estar situado nun lugar ou máis ou menos próximo a el.
  11. Faltar unha determinada distancia, tempo, parte ou asunto para chegar a un lugar, momento ou remate.
  12. Pasar unha cousa a ser propiedade dunha persoa, en virtude dunha herdanza, repartición ou circunstancia semellante.
  13. Levar a parte negativa dun xogo, especialmente ter que coller ou buscar os demais xogadores.


Image Verbo pronominal

quedarse

  1. Permanecer ou seguir nun lugar, estado ou situación.
  2. Poñerse quieto ou cesar no movemento ou na actividade.
  3. Perder o sentido ou quedar sen coñecemento.
  4. Morrer, falecer ou quedar sen vida.

Expresións relacionadas

Termos relacionados

Traducións

Conxugación


Referencias

Castelán

Image Verbo

quedar

  1. Quedar.


Catalán

Image Verbo pronominal

quedarse

  1. Quedar.