A súa adaptación á vida terrestre é extensiva: como todas as ratites, non teñen quilla no esterno para ancorar os músculos das ás, e case nin ás sequera: os vestixios son tan pequenos que son invisibles baixo a súa plumaxe que carece de plumas. Esta plumaxe é típica da ave en cuestión. Diríase que, por razóns evolutivas e de adaptación ao ecosistema, os plumóns non chegaron á etapa de verdadeiras plumas, adoptando o característico aspecto de suaves cerdas que ten a plumaxe do kiwi. Mentres que xeralmente os paxaros teñen ósos ocos para aforrar peso e facer o voo máis práctico, o kiwi ten medula, do mesmo xeito que os mamíferos.
Os kiwis son criaturas tímidas e nocturnas cun sentido do olfacto moi desenvolvido mercé á existencia de verdadeiros bigotes en torno ao bico, tales bigotes son eficacísimos órganos olfactivos. Outro trazo xeralmente infrecuente nunha ave é a presenza de fosas nasais na punta do seu longo e filoso bico. Son omnívoros; para alimentarse fenden o peteiro no chan en busca de miñocas, insectos e outros invertebrados. Tamén comen froita e, se a oportunidade se presenta, pequenos cangrexos de río, anfibios e anguías.
Os machos encárganse de chocar os ovos (ovos que son os máis grandes en relación ás proporcións do animal adulto), efectuándose a posta durante dez semanas en niños soterrados semellantes a tobos, con todo ningún dos proxenitores adícase a alimentar ás crías as cales son nidífugas (apenas teñen o suficientemente desenvolvido o corpo saen do niño para alimentarse por conta propia).
- ↑ Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
- ↑ Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990) Phylogeny and classification of birds. Yale University Press, New Haven, Conn.
- ↑ Harshman, J. et al. (2008) Phylogenomic evidence for multiple losses of flight in ratite birds Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. PNAS 105:13462-12467.
- ↑ Hackett S. J. et al. (2008) A Phylogenomic Study of Birds Reveals Their Evolutionary History. Science 320(5884):1763-1768.
- ↑ Livezey, B. C. & Zusi, R. L. (2007) Higher-order phylogeny of modern birds (Theropoda, Aves: Neornithes) based on comparative anatomy. II. Analysis and discussion Arquivado 06 de abril de 2013 en Wayback Machine.. Zool. J. Linn. Soc. 149:1-95.
- ↑ Burbidge, M. L. et al. (2003) [Molecular and other biological evidence supports the recognition of at least three species of brown kiwi]. Conservation Genetics 4:167-177.
- ↑ Baker, A. J. et al. (1995) Flightless brown kiwi of New Zealand possess extremely subdivided population structure and cryptic species like small mammals. Proceedings of the National Academy of Sciences 92:8254?8258.
- Calder, W. A. (1979) Kiwi and egg design - evolution as a package deal. Bioscience 29:461-467.
- Cooper, A. et al. (2001) Complete mitochondrial genome sequences of two extinct moas clarify ratite evolution. Nature 409:704-707.
- McLennan, J. A. (1988) Breeding of North Island brown kiwi, Apteryx australis mantelli, in Hawke's Bay, New Zealand. New Zealand Journal of Ecology 11:89-97.
- McLennan, J. A. et al. (1996) Role of predation in the decline of kiwi, Apteryx spp., in New Zealand. New Zealand Journal of Ecology 20:27-35.
- Potter, M. & McLennan, J. (1992) Kiwi's egg size and moa. Nature 358:548.
- Sales, J. (2005) The endangered kiwi: a review. Folia Zoologica 54:1-20.
- Taborsky, B. & Taborsky, M. (1999) The mating system and stability of pairs in kiwi Apteryx spp. Journal of Avian Biology 30:143-151.