O axolote[1] (do náhuatl clásico:āxōlōtl; Ambystoma mexicanum) é unha especie de urodelo, estreitamente relacionada co Ambystoma tigrinum.[2][3] Malia que o axolote é coñecido coloquialmente como "peixe camiñante", non é un peixe, senón un anfibio. A especie é orixinaria de numerosos lagos, como o lago Xochimilco preto da Cidade de México.[4] Os axolotes son infrecuentes entre os anfibios xa que alcanzan a madurez sen pasar por un proceso de metamorfose. No canto de desenvolveren pulmóns e viviren en terra, os adultos permanecen na auga e teñen galadas externas.