Saltar ao contido

Diabo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diabo
Imaxe
 Subclase de
Obra
 Representado por
Códigos e identificadores
Freebase/m/02cr2 Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.thenextweb.com… Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Diabo[1] (en latín diabolus, do grego διάβολος, transliteración diábolos, derivado do verbo διαβάλλω, transliteración diabállô, co significado de 'calumniador' ou 'acusador'[2]) é o título máis común atribuído á entidade sobrenatural maligna da tradición cristiá. É tratado coma a representación do mal, na súa forma orixinal dun anxo querubín, responsábel da garda celestial,[3] que foi expulsado dos Ceos por comezar unha rebelión de anxos contra Deus co obxectivo de tomar o trono.[4] Ao seu aspecto inda descoñecido, moitas son as tentacións de reproducilo. O máis popular o levaría a ter unha cor vermella, con faccións humanas, mais con cornos, rabo afiado e un tridente na man, para remitir a un cetro. Outro xeito tamén común en canto ao aspecto corresponde á dun ser metade humano, metade bode, co pentagrama invertido inscritos no corpo (imaxe de Bafomet).

Image
Representación do diabo segundo Dante Alighieri.

Anton LaVey, fundador da Igrexa de Satán, non o define como un deus nin un ser pensante, senón unha representación da gran forza que lle dá equilibrio ao universo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Diabo.
  2. Online Etymology Dictionary.
  3. Libro de Ezequiel 28, 14
  4. Libro de Isaías 14, 12-15

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.