Iecava
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Letonia | |||
| Concello | Municipio de Bauska | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 5.303 (2025) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 13,93 km² | |||
| Bañado por | Iecava River (en) | |||
| Altitude | 21 m | |||
| Creación | 1 de xullo de 2021 | |||
| Latvian toponymic names database ID (en) | 3434 | |||
| Sitio web | iecava.lv | |||
Iecava (en letón Iecava, en polaco Ekawa) é unha cidade de Letonia. Forma parte da rexión administrativa de Zemgale, no Municipio de Bauska, antes de pertencer a Bauska, reorganización aprobada no ano 2021, ocupou o seu propio rango de Municipio de Iecava. Ocupa veciñanza coa capital do país ao localizarse a 46 km de Riga. O parque principal da cidade acolle o maior número de niños de corvos do país.
Historia
[editar | editar a fonte]
Iecava foi un dos campos de batalla entre tropas rusas e prusianas baixo o mando de Napoleón durante o seu intento de invasión ao Imperio Ruso. Na primeira guerra mundial voluntarios fineses achegaron en Iecava suficiente artillaría para conter o ataque do xeneral Radko Dimitriev contra tropas alemás. [1] Na vila hai un cemiterio formado por 1116 tumbas de soldados soviéticos caídos alí en batalla no ano 1944. [2]
Economía
[editar | editar a fonte]A industría avícola e en concreto a produción de ovos, con case dous millóns ao día lideran a economía en Iecava. Balticovo posúe a súa factoría nos lindes da vila. [3]
