A PlayStation é a primeira dunha serie de consolas de videoxogos. Esta primeira versión foi concibida e lanzada no mercado por Sony o 3 de decembro de 1994 no Xapón e no 9 de setembro de 1995 nos Estados Unidos. Extremadamente popular, é tido como o grande responsable pola popularización dos xogos en CD.
A orixe da PlayStation remonta a 1990, cando Nintendo planeaba unha expansión para a súa entón actual consola, a Super Nintendo. Após a desistencia da Nintendo do proxecto, a Sony deu continuidade ó mesmo e divulgou o entón o proxecto do seu videoxogo propietario en 1993. A Nintendo tentou medidas xudiciais para impedir o lanzamento e a fabricación, pero perdeu en varias instancias nos Estados Unidos e o Xapón.
PlayStation posúe un deseño típico para a súa época, unha "caixa" cinza composta dunha unidade lectora de CDROM e portas para joysticks e memory cards (cartóns de memoria que almacenan informacións dos xogos). A consola pasou por unha reestilización en 2000, ficou menor e con liñas arredondadas sendo chamado de PSone.