Unha parella que arelaba un fillo, moraban á beira dun xardín arrodeado de paredes que pertencía a unha feiticeira. A dona finalmente grávida, ve uns raponcios plantados no xardín, e cobízaas até a morte. O seu home decide ir apañar algúns para ela e remata enfrontándose coa meiga, a Dama Gothel, que o acusa do roubo. El prégalle piedade, entón a feiticeira dálle algúns raponcios para que os leve para a casa coa condición de que o fillo que está a esperar a súa dona lle sexa entregado no intre do seu nacemento. El concorda. Nado o meniño, a meiga aparece, dálle o nome de Rapunzel e lévaa. Cando cumpre doce anos e se converte nunha mociña, a feiticeira encérraa nunha torre no medio da fraga. A Dama Gothel ía visitala todos os días e pedíalle que deixase caer os seus longos cabelos dourados, para despois gabear até a torre. («Rapunzel, Rapunzel, deixa o teu pelo caer, así podo rubir a escada dourada»).
Un día, o fillo do Rei ouve a Rapunzel cantando na torre, procura unha porta mais non atopa ningún xeito de entrar; despois de escoitala cantar outras veces, decide agardar. Un día olla á feiticeira visitando a Rapunzel, e deste xeito aprende como chegar até a rapariga. Pediulle que deixase caer os seus cabelos e rubiu onda ela. Daquela comezou a frecuentala, namorouse e propúxolle matrimonio. Ela aceptou.
Xuntos planean un xeito de sacala da torre: el acudirá todas as noites, evitando á meiga que vai polo día, e levaralle seda, coa que Rapunzel ha tecer até formar unha escada. A feiticeira descobre que o fillo do rei está a visitar a moza, polo que lle corta o pelo e déixaa no medio dun campo ermo.
Á noite seguinte, cando o fillo do Rei chega á torre, a meiga deixa caer as súas trincas até o chan. Logo de gabear até o alto da torre e se decatar que era a meiga a dona das trincas, esta promételle que endexamais volverá ver a Rapunzel. El, desesperado, cae da torre sobre duns espiños que había abaixo, quedando cego e resignándose a non ver máis á moza. Rapunzel, que quedara grávida do Príncipe, dá á luz un fillo soa no deserto. Ao pouco tempo, vagando o Príncipe cego polo deserto, atopa a Rapunzel e seu fillo, que ao encontralo en tal estado decide levalo á súa casa. Rapunzel chora de dor pola situación, caendo as bágoas nos ollos do garrido príncipe que, de súpeto, recupera a vista. Despois marchan ao reino cos seus dous fillos e son felices para sempre.