Saltar ao contido

Stupa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stupa
Imaxe
 Subclase de
 Parte de
Códigos e identificadores
Freebase/m/01q4wd Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Image
Stupa en Gotenba, Shizuoka, Xapón.

Unha stupa (en sánscrito: m. स्तूप, stūpa, tibetano: མཆོད་རྟེན་, chörten, pali: थुप, thupa), tamén escrito estupa;[1][2][3] é unha construción monumental budista ou típica do xainismo, que se pode atopar no subcontinente indio, onde é orixinaria, pero tamén noutros lugares da Asia onde o budismo se expandiu, como o Nepal, o Tíbet e Indochina. Destinado a gardar as reliquias de Buda (Śarīra), é un lugar de meditación para lembrar os seus feitos memorables, e pode ser unha representación do Buda e un monumento en conmemoración da súa morte ou parinirvana.[4][5]

Estrutura e simbolismo

[editar | editar a fonte]

Cada unha das partes da stupa representa un elemento cósmico do budismo. A base cadrada representa a terra. A bóveda semiesférica describe a parte celeste. A terraza simboliza a residencia dos deuses. A lúa crecente é a unión do ceo e da terra. E por último, os chakras ou discos que coroan o mastro, representan os sucesivos ceos, e a medida que van gañando altura perden superficie.

  1. Medico, Bruno Del (2025-11-26). Budismo e teoría cuántica: Impermanencia, a natureza da realidade, a conciencia e a observación, interconexión. Todas as sorprendentes analogías. Bruno Del Medico Editore. p. 36.
  2. Grial 133. Editorial Galaxia. 1997. p. 13.
  3. Pérez Pena, Marcos (2020-01-08). "O mosteiro budista de San Amaro amplíase cun novo templo con capacidade para 500 persoas". Praza Pública. Consultado o 2025-12-27.
  4. Encyclopedia.com. Credited to James Stevens Curl, A Dictionary of Architecture and Landscape Architecture, 2000, orixinalmente publicado en Oxford University Press 2000.
  5. Digalego (ed.). "stupa". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2017. Consultado o 10 de maio de 2017.