Saltar ao contido

Terry Winograd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTerry Winograd
Image
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1946 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Takoma Park Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Colorado College Editar o valor en Wikidata
Director de teseSeymour Papert Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da computación, ciencias da información, intelixencia artificial, filosofía da mente e interacción persoa-computador Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Stanford Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninformático, profesor universitario, académico, investigador da intelixencia artificial, científico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Membro de
ACM (membro da ACM) (2009–) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSeymour Papert Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoAlan H. Borning, Stuart M. Shieber, Larry Masinter, François Victor Guimbretiere, Frances H. James, Roland Martin Röscheisen, Michelle Q. Wang Baldonado, Steve B. Cousins, David Elliot Shaw, Meredith Ringel Morris e Bill Paxton Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webprofiles.stanford.edu… Editar o valor en Wikidata
Dialnet: 21340

Terry Allen Winograd, nado en Takoma Park (Maryland) o 24 de febreiro de 1946, é un informático estadounidense, coñecido polas súas investigacións en intelixencia artificial. Foi profesor de Ciencias da Computación na Universidade Stanford.

Fixo importantes contribucións á filosofía da mente e da intelixencia artificial polo seu traballo pioneiro en linguaxe natural, coa creación en 1972 do programa SHRDLU; cunha contorna de software moi simplificada (o que dende entón se chamou o mundo dos bloques), podía realizar múltiples interaccións (coller un cono e poñelo entre o cubo e a pirámide) obedecendo mandatos lingüísticos ("SHRDLU, colle o cono e pono entre o cubo e a pirámide"). Podíaselle preguntar sobre o historial de accións e a xustificación da súa conduta.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Terry Winograd está especializado no deseño da Interacción Home-Máquina (IHM) e no deseño de tecnoloxías para o desenvolvemento. Foi o fundador e director dos programas de ensino e da investigación en IHM do Grupo de Interacción Home-Máquina de Stanford. Foi un dos membros fundadores do corpo docente do Hasso Plattner Institute of Design de Stanford (a "d.school") e formou parte do corpo docente do Centro para a Democracia, o Desenvolvemento e o Estado de Dereito (CDDRL).

Winograd foi membro fundador e expresidente de Computer Professionals for Social Responsibility (Profesionais Informáticos pola Responsabilidade Social). Pertence a varios consellos editoriais de revistas, como Human Computer Interaction, ACM Transactions on Computer Human Interaction e Informatics. Escribiu ou colaborou en cinco libros dende 1972, sendo o máis recente Bringing Design to Software. Asesorou varias empresas creadas polos seus estudantes, incluíndo Google.

Winograd é un pensador citado en estudos modernos sobre lóxica e filosofía da información:

Para poder comprender o fenómeno que envolve a unha nova tecnoloxía, debemos abrir a pregunta do deseño- a interacción entre a comprensión e a creación. E falando de deseño, non estamos restrinxíndonos á metodoloxía do deseño consciente.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2011 recibiu o Premio á Trayectoria Investigadora de ACM SIGCHI.[3]

  1. https://vonneumannmachine.wordpress.com/2011/02/21/el-limite-winograd/ El límite Winograd
  2. Floridi, Luciano (2019). Oxford, ed. The Logic of Information. p. 70. ISBN 978-0-19-883363-5.
  3. "Plenary: Marissa Mayer & Terry Winograd in Conversation" (en inglés). Consultado o 2025-10-30.