Saltar ao contido

aba

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Image Grafías semellantes:     ABA

Galego

Image
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «aba».

aba1

  • Image Pronuncia: [ˈa.βɐ] (AFI)

Image Substantivo feminino

aba (sg: aba; pl: abas)

  1. Parte inferior de certas pezas do vestiario, principalmente dito das saias, mandís, hábitos, etc., que cae solta desde a cintura para abaixo.
  2. Parte do sombreiro que está arredor da copa.
  3. (Xeografía) Parte inferior da pendente dunha montaña.
  4. (Xeografía) Beira ou marxe dunha costa ou dun río.
  5. Parte suplementaria dunha mesa que se pode levantar para así darlle máis superficie útil á mesma.
  6. (Arquitectura) Prolongamento dun tellado más alá das paredes.

Traducións

Véxase tamén

aba2

Image Sigla

  1. (Bioquímica) Sigla coa que se representa ácido abscísico (en inglés, abscisic acid).


Kotava

  • Image Etimoloxía: unha raíz inventada arbitrariamente
  • Image Pronuncia: /ˈaba/ (AFI)

Image Substantivo

aba

  1. Congreso.

Termos relacionados