Mondragón[1][2] (en castelán:Mondragón, en éuscaro:Arrasate e no dialecto local Mondragoe[Cómpre referencia]; oficialmente Arrasate/Mondragón) é un concello de Guipúscoa, o máis poboado da comarca de Debagoiena, no País Vasco, con 22.116 habitantes, que ocupan unha área de 30,8km².
Arrasate está situado no suroeste do territorio de Guipúscoa, no límite coas provincias de Áraba e Biscaia. O municipio está nun val, arrodeado de montañas, entre as que cómpre destacar o Udalatx (1.117 m), e con menor elevación o Murugain (778 m) e o Kurtzetxiki (532 m).
Sanjuanak (San Xoán) son as festas patronais de Arrasate, entre o 23 e o 26 de xuño.
Maritxu Kajoi (Maruxa a do caixón), no primeiro venres de outubro. É unha festa nova que se ven celebrado desde 1977, máis que ten acadado unha enorme popularidade. A xente viste as mellores galas e pechan a festa perante unha imaxe de María, que realiza todos os anos un "milagre".
↑Olealdecoa, Garbiñe (1990). "As cooperativas de crédito, a súa configuración na Lei 1/1982 do 11 de febreiro do Parlamento Vasco; a experiencia de Mondragón". Cooperativismo e economía social (Vigo) (2).