Saltar ao contido

Boadicea Editora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Boadicea Editora
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Fundador/a
Datas
 Fundación / creación
2022 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: Boadicea-Editora Twitter: BoadiceaEditora Instagram: boadiceaeditora Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Boadicea Editora é unha editorial galega especializada en literatura fantástica, de ciencia ficción e de terror.[1][2] Foi fundada no ano 2022 por Alba Rozas Arceo, José Manuel Dopazo e Marcos López.[1][2]

O proxecto xurdiu do podcast Baleiro Perfecto, centrado en temas de fantasía.[1][2] A súa intención é ampliar o sistema literario galego no relativo á literatura de xénero.[1][2] O nome da editorial procede da raíña celta Boadicea, e simboliza as dificultades que debe superar unha editora especializada en Galicia.[1]

Liña editorial

[editar | editar a fonte]

A liña editorial de Boadicea céntrase en obras de ciencia ficción, fantasía e terror en lingua galega, tanto nacionais como traducidas doutras linguas.[1][2] Neste sentido, oriéntanse tanto a un público adulto como infantil e xuvenil.[1][2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
N.º AutoríaTítuloAnoTradución Categoría Xénero ISBN
1 Tomás RiveraPegadas de búfalo2022N/A Xuvenil Aventuras ISBN 978-84-125812-2-5
2 Vanesa SantiagoAs probas do mago2022N/A Xuvenil Fantasía ISBN 978-84-125812-3-2
3 Alba RozasA caída de Guiomar2022N/A Xuvenil Fantasía ISBN 978-84-125812-4-9
4 Tomás G. Ahola Visitantes da estrela vermella 2022 N/A Xuvenil Ciencia ficción ISBN 978-84-125812-5-6
5 Álex Bayorti A tumba do último pirata 2022 N/A Xuvenil Aventuras ISBN 978-84-125812-6-3
6 Ana Mariño As aventuras do cabaleiro de prata 2022 N/A Xuvenil Fantasía ISBN 978-84-125812-0-1
7 Philip K. Dick Ubik 2022 Tomás G. Ahola Adulto Ciencia ficción ISBN 978-84-125812-1-8
8 José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador) O biosbardo e os paxaros sen cor 2022 Inma Pérez e Pablo Pesado Infantil Fantasía ISBN 978-84-125812-7-0
9 José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador) O tesouro do caranguexo 2023 Inma Pérez e Bruno Ruival Infantil Fantasía ISBN 978-84-125812-8-7
10 Úrsula K. Le Guin Un feiticeiro de Terramar 2023 Tomás G. Ahola Adulto Fantasía ISBN 978-84-125812-9-4
11 Úrsula K. Le Guin As tumbas de Atuan 2023 Tomás G. Ahola Adulto Fantasía ISBN 978-84-126951-0-6
12 Pablo Pesado Gastrulación 2023 N/A Adulto Ciencia ficción ISBN 978-84-126951-1-3
13 Carlos Vega e Iago Torres (ilustrador) Noite no cemiterio 2023 N/A Xuvenil Terror ISBN 978-84-126951-2-0
14 Úrsula K. Le Guin A costa máis afastada 2023 Tomás G. Ahola Adulto Fantasía ISBN 978-84-126951-3-7
15 China Miéville Os derradeiros días de Nova París 2023 Inma Pérez Adulto Ciencia ficción ISBN 978-84-126951-4-4
16 José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador) O androide Simón 2024 Fernando Corredoira e Inma Pérez Infantil Ciencia ficción ISBN 978-84-126951-5-1
17 Alba Rozas Lapislázuli: o regreso das superguerreiras 2024 N/A Adulto Fantasía ISBN 978-84-126951-6-8
18 Roberto A. Rodrigues Niño maldito 2024 N/A Adulto Terror ISBN 978-84-126951-7-5
19 Úrsula K. Le Guin Tehanu 2024 Tomás G. Ahola Adulto Fantasía ISBN 978-84-126951-8-2
20 Shirley Jackson A maldición de Hill House 2024 Miguel González Adulto Terror ISBN 978-84-126951-9-9
21 José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador) Asunción e as constelacións 2024 Jorge Rodríguez Durán e Bruno Ruival Infantil Ciencia ficción ISBN 978-84-129489-1-2
22 Alba de Evan e Iago Torres (ilustrador) Dormen baixo terra 2024 N/A Xuvenil Terror ISBN 978-84-129489-0-5
23 Úrsula K. Le Guin Contos de Terramar 2025 Tomás G. Ahola Adulto Fantasía ISBN 978-84-129489-2-9
24 José Manuel Dopazo, Alba Rozas e Iago Torres (ilustrador) As ánimas do Samaín 2025 Élia Lago Pereira e Jorge Rodríguez Durán Infantil Terror ISBN 978-84-129489-3-6
25 Manuel Esteban Trickstar: postais desde as estrelas 2025 N/A Adulto Ciencia ficción ISBN 978-84-129489-4-3
26 Manuel Lourenzo González e Iago Torres (ilustrador) De cando os animais tamén eran xente 2025 N/A Infantil Fantasía ISBN 978-84-129489-5-0
27 Úrsula K. Le Guin O outro vento 2025 Tomás G. Ahola Adulto Fantasía ISBN 978-84-129489-6-7
28 Terry Pratchett Gardas! Gardas! 2025 Miguel González Adulto Fantasía ISBN 978-84-129489-7-4
29 Anxo Mouzo Moreira A princesa dourada 2025 N/A Xuvenil Fantasía ISBN 978-84-129489-8-1

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 6 7 Casais, Marta (12 de decembro de 2022). "Nace Boadicea, una nueva editorial de literatura fantástica y ciencia ficción en gallego". elespanol.com (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2025.
  2. 1 2 3 4 5 6 Chouciño, A. G. (12 de xaneiro de 2023). "Boadicea, a nova editora en galego que xa ten o catálogo pechado ata 2025". lavozdegalicia.es. Consultado o 24 de novembro de 2025.
  3. "Valentín García participa na gala dos XX edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento e do certame audiovisual REC.curta". lingua.gal. 3 de maio de 2024. Consultado o 24 de novembro de 2025.