Saltar ao contido

Botrite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Botrite
Botrytis
Pier Antonio Micheli Editar o valor en Wikidata
Esquematismo
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 SuperreinoHolomycota
 ReinoFungi
 FiloAscomycota
 ClaseLeotiomycetes
 OrdeHelotiales
 FamiliaSclerotiniaceae
 XéneroBotrytis Editar o valor en Wikidata
P.Micheli Botrytis Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dbdg8 Editar o valor en Wikidata
MeSHD020171 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776919067 Editar o valor en Wikidata
ITIS181693 Editar o valor en Wikidata
OTT432348 Editar o valor en Wikidata
CoLCCTKZ Editar o valor en Wikidata
EOL16630 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A botrite[1] (Botryotinia) é o nome común dun xénero de fungos ascomicetes que produce varias doenzas vexetais. A maioría das formas anamórficas de Botryotinia inclúense no xénero de fungos imperfectos Botrytis. O xénero inclúe 22 especies e mais un híbrido.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Image
Representación artística dun conidióforo de botrite ao microscopio

A reprodución sexual lévase a cabo mediante ascosporas producidas en apotecios, mentres que unha forma de reprodución asexual é mediante conidios. É típica a formación de esclerocios de forma plano-convexoide.

Patóxeno

[editar | editar a fonte]

As enfermidades causadas polas especies de Botryotinia aparecen de forma primaria como unha praga das flores e podremia dos fruoitos ademais de tachas nas follas e bulbos podres no campo e en produtos almacenados. O fungo induce morte celular do hospedador e un decaemento progresivo do tecido infectado da planta, de onde o fungo toma os seus nutrientes.

Botryotinia fuckeliana (ou Botrytis cinerea) é unha especie importante para a industria vinícola e para a horticultura. Outras especies economicamente importantes inclúen Botryotinia convoluta (a especie tipo do xénero), Botryotinia polyblastis, Botrytis allii e Botrytis fabae.

  1. Nome vulgar galego n'Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]