Saltar ao contido

Cercartetus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cercartetus
Rango fósil: plistoceno superior - actualidade [1]
Image
Lámina de Cercartetus nanus, de 1863,
obra de John Gould
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Diprotodontia
Suborde: Phalangeriformes
Superfamilia: Phalangeroidea
Familia: Burramyidae
Xénero: Cercartetus
Gloger, 1841
Especie tipo
Phalangista nana [2][3]
(Desmarest, 1818)
Especies
Véxase o texto

Cercartetus é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos e familia dos burramíidos,[3][4] que comprende os pósums pigmeos ou falaxeros pigmeos que, xunto co pósum pigmeo das montañas (Burramys parvus) forma a antedita familia.

O xénero está representado por catro especies viventes, que viven nas pluvisilvas tropicais, até os 1 500 m de altitude, nalgungas zonas da Australia meridional e oriental, nas illa de Tasmania, Nova Guinea e Fergusson (Papúa-Nova Guinea), e no Queensland nororiental (Australia).[5]

Características

[editar | editar a fonte]

Estes animais son coñecidos por algúns como pósums leiróns, porque que se encontran entre os poucos animais hibernates, ademais de que pola forma do seu corpo recorda á dos leiróns.

Os pósums pigmeos teñen unha lonxitud de cabeza e tronco de entre os 10,6 cm e entre os 12,8 e os 15,1 cm da cola que, como vemos, pode ser case unha vez e media a lonxitude da cabeza e tronco de Cercartetus caudatus, até os de 7,5 a 10 cm dos C. nanus, cuxa cola mide de 7,5 a 10,5 cm.[6]

Teñen os ollos grandes, orellas semellates ás dos ratos, o marsupio aberto cara a adiante (como nos didélfidos), un dedo polgar moi desenvolvido e opoñíbel, que non ten garra, amplas almofadas nos extremos dos dedos, moas cuadrituberculadas, cranio amplo, aplanado, e tres incisivos superiores e un incisivo inferior grandes e procumbentes.[7][8][9][10]

A pelaxe destes animais é de cor parda avermellada ou gris nas partes superiores, mentres que nas inferiores é máis clara. As orellas son grandes e sen pelos. O primeiro dedo das patas traseiras é opoñíbel.[6]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Os pósums pigmeos están difundidos cun gran número de individuos nalgungas zonas da Australia meridional e oriental incluída Tasmania), en Nova Guinea e na península de Cabo York.[5]

O seu hábitat son os bosques tropicais húmidos e as matogueiras.[5]

Teñen hábitos nocturnos. Dormen durante o día en nidos feitos con follas e codias de árbores que a miúdo constrúen en ocos de árbores un en lugares con vexetación densa. Pola noite, sanen dos niños na busca de alimento, a miúdo gabeando polas árbores. As súas hábiles mans e a cola prénsil fan que sexan excelentes gabeadores. Son animais que viven normalmente solitarios.[9]

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Son omnívoros e aliméntanse de follas, froitas, noces, insectos, arañas, escorpións e pequenos vertebrados. Na estación fría caen en letargo, despos de ter acumulado unha reserva de graxa na cola.[9]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

As femias paren, dúas veces ao ano, de 4 a 6 crías, que permanecen no seu primeiro mes de vida no marsupio da nai. Son destetados aos tres meses, e alcanzan a madurez sexual aproximadamente á idade dun ano. A súa esperanza de vida é de catro anos en estado salvaxe, mentres que en catividade poden alcanzar un máximo de seis anos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1841 polo zoólogo alemán Constantin Wilhelm Lambert Gloger, en Gemein Hand.-Hilfsbuch. Nat., 1: 85.[3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome que lle adxudicou Gloger, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[3]

  • Dromicia Gray, 1841
  • Dromiciella Matschie, 1916
  • Dromiciola Matschie, 1916
  • Eudromicia Mjöberg, 1916

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Posibilidade dunha nova especie

[editar | editar a fonte]

Conservation International (CI) e o Indonesia Institute of Science (LIPI) informaron sobre o posíbel descubrimento dunha nova especie de Cercartetus despois dunha visita ás montañas de Foja (Papúa, Indonesia) en xuño de 2007.[11]

  1. Burramys, Broom 1898 en Fossilworks.
  2. Cercartetus en Fossilworks.
  3. 1 2 3 4 5 Cercartetus en MSW.
  4. 1 2 Cercartetus Gloger, 1841 no ITIS.
  5. 1 2 3 Collins, L. R. (1973): Monotremes and Marsupials. Washington, DC: Smithsonian Institution Press.
  6. 1 2 Walker, E. P. (1975).
  7. Lawlor, T. E. (1979): Handbook to the Orders and Families of Living Mammals. Eureka, California, USA: Mad River Press, Inc.
  8. Ride, W. D. L. (1980): A Guide to the Native Mammals of Australia. 2ª ed. Melbourne, New York: Oxford University Press. ISBN 978-0-1955-0252-3.
  9. 1 2 3 Strahan, R. (1983): The Australian Museum Complete Book of Australian Mammals. Angus and Robertson Publishers. ISBN 978-0-2071-4454-7.
  10. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  11. Two new mammals found in Indonesian 'lost world': green group Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. en Trend, 18 de decembro de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]