Demetrio de Magnesia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século I a. C. Ancient Magnesia |
| Morte | século I a. C. |
| Actividade | |
| Ocupación | biógrafo, lexicógrafo, gramático, gramático |
| Descrito pola fonte | Vidas e doutrinas dos filósofos máis ilustres Edición de 1870 do Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Demetrio de Magnesia, en latín Demetrius, en grego antigo Δημητριος, foi un gramático grego contemporáneo de Cicerón e Tito Pomponio Ático.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na correspondencia entre Cicerón e Ático, Cicerón fala dun libro, περί ὁμονοιας (Sobre a Concordia), que Demetrio lle deixara a Ático e que quería ler.
Coñécese unha segunda obra súa, á que varios autores adoitan facer referencia, Περί ὁμωνύμων ποιητῶν καί συγγραφέων. Era unha obra de natureza histórica e filolóxica que falaba de poetas e outros escritores que levaban o mesmo nome, unha obra moi importante, que contiña as vidas dos personaxes dos que trataba e un comentario crítico sobre os seus méritos. Dióxenes Laercio, Ateneo de Náucratis, Plutarco e Valerio Harpocracio, entre outros, falan dela ou a empregan[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 25.Demetrius en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 969.