O topónimo Drap apareceu por vez primeira nas fontes en 1025 coa forma de Drapo e, posteriormente, en 1114 como Drappum. Ernest Négre fai derivar a denominación do nome propio de orixe gala Drappus,[1] mais non hai un acordo xenérico.
Os seus habitantes son denominados como Drapois.[2] A evolución do número de habitantes é continua a través dos diferentes recontos levados a cabo pola alcaldía dende 1793. Mais a partir de 2006, a cifra oficial de habitantes son publicadas anualmente polo Insee (Institut national de la statistique et des études économiques). Para os concellos de menos de 10 000 habitantes, realízase unha enquisa cada cinco anos, mentres nos anos intermedios faise unha extrapolación ou unha interpolación.[3] En Drap, o primeiro censo exhaustivo realizouse en 2006.[4] En 2015, o concello contaba con 4 444 habitantes,[5] incrementado a poboación o 1,35% respecto do informe de 2010 (no mesmo período, en Alpes Marítimos o incremento foi dun 0,34%, e en Francia -eliminando Mayotte- foi un incremento de 2,44%).
Evolución da poboación de Drap dende 1793 até 2015
1793
1800
1806
1822
1838
1848
1858
1861
1866
1872
1876
1881
1886
1891
1896
1901
1906
1911
454
443
508
605
757
831
809
900
849
786
780
751
755
775
765
701
708
747
1921
1926
1931
1936
1946
1954
1962
1968
1975
1982
1990
1999
2006
2011
2015
738
1328
1183
1042
874
1205
1391
1551
1561
3051
4267
4332
4453
4297
4444
De 1962 a 1999: poboación sen conteo dobre; a partir de 1999: poboación municipal(Fontes: Ldh/EHESS -École des hautes études en sciences sociales-/Cassini[6] até 1999; a partir de 2006 Insee (Institut national de la statistique et des études économiques)[7]
↑Nègre, Ernest (1990). Toponymie générale de la France. col. Publications romanes et françaises, nº 193 (en francés). Vol. I (Formations préceltiques, celtiques, romanes). Xenebra: Librairie Droz. ISBN9782600028837.