Saltar ao contido

Estafa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estafa
Imaxe
 Instancia de
 Medio usado
 Lista do elemento
Implicados
Códigos e identificadores
Freebase/m/0ny80 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 122767
Wikidata C:Commons

A estafa, ladroízo ou, simplemente, roubo, é un delito económico que consiste en enganar a alguén co obxectivo de obter un beneficio económico ou patrimonial ilícito en prexuízo doutra persoa. Este engano prodúcese mediante artificio, manipulación ou a presentación de datos falsos ou incompletos que inducen á vítima a tomar decisións prexudiciais para os seus intereses. A estafa está regulada nos códigos penais da maioría dos países e pode adoptar diversas formas, como a estafa financeira, as estafas electrónicas ou as vendas enganosas, entre outras. A gravidade do delito avalíase en función da contía defraudada, as circunstancias e as consecuencias para a vítima.

Estafa online

[editar | editar a fonte]

Consiste en enganar a xente ofrecendo postos de traballo desde a súa casa e gañando bastantes cartos, pero antes teñen que enviarlles á empresa unha cantidade de cartos para que lle poidan enviar o material necesario; este nunca chega, e o estafador queda cos cartos.

As cadeas de correos electrónicos enganosas poden ser scams se hai perda monetaria e hoax (bulo) cando só hai engano.

En España, este delito está incluído no artigo 248 do Código Penal, concretamente, no Título XIII de delitos contra o patrimonio e contra a orde económica, Capítulo VI, de fraude, Sección 1.ª de estafas. Este delito ten unha pena de prisión de seis meses a tres anos, dependendo da contía defraudada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]