GOCE
| GOCE | |
|---|---|
| Tipo | Científico |
| Organización | ESA |
| Data de lanzamento | 17 de marzo de 2009, 14:21 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Rokot KM[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk, rampla 133/3[2][6] |
| Obxectivo da misión | Medición do gradente de gravidade terrestre.[2][6] |
| NSSDC ID | 2009-013A |
| Masa | 1050 kg[2][5][6] |
| Dimensións | 5 m de longo por 1 m de ancho[2] |
| Potencia | 1,4 kW[2] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 6615 km[1] |
| Inclinación | 96,6 graos[1] |
| Apoapse | 249,7 km[1] |
| Periapse | 239,7 km[1] |
GOCE (acrónimo de Gravity field and steady-state Ocean Circulation Explorer) é un satélite artificial da Axencia Espacial Europea lanzado o 17 de marzo de 2009 mediante un foguete Rokot KM desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de GOCE é medir o campo gravitatorio da Terra para crear mapas de moi alta resolución do xeoide para estudar as correntes oceánicas e os cambios de nivel do mar e das terras.[2]
GOCE mide 5 metros de longo por 1 metro de ancho. Leva paneis solares fixos que producen ata 1,4 kW de potencia. As medicións da gravidade fainas mediante seis acelerómetros de alta sensibilidade e colocados ó longo dos tres eixos da nave. Para facer as medicións o satélite debe orbitar á menor altura posible, a menos de 300 km, pero as órbitas baixas teñen o problema de que a atmosfera a esas alturas, a pesar de ser extremadamente tenue, exerce un leve rozamento continuo que interfire nas medicións e produce un decaemento que faría reentrar ao satélite na atmosfera inferior, coa destrución consecuente. Para solucionar este problema, GOCE ten forma aerodinámica, en frecha, e ademais leva a bordo un motor iónico para compensar o rozamento.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 NASA (14 de maio de 2012). "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013.
- ↑ "Letter dated 5 March 2010 from Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (10-54673): 6. 22 de xuño de 2010. Consultado o 24 de marzo de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013.
- 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013.
- 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "GOCE" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de GOCE na ESA Arquivado 15 de abril de 2016 en Wayback Machine.