Google+, pronunciado e escrito ás veces como Google Plus, tamén abreviado como G+, foi un servizo de rede social operado pola compañía estadounidenseGoogle. Google+ lanzouse en xuño de 2011. Nun principio, os usuarios tiñan que ser maiores de 13 anos de idade,[1] para crear as súas propias contas. Google+ foi a terceira rede social con máis usuarios no mundo, non pola súa popularidade senón pola ligazón con YouTube, obtendo arredor de 343 millóns de usuarios activos.
Google+ integraba distintos servizos: círculos, Hangouts, intereses e comunidades.[2] Google+ tamén estivo dispoñible como unha aplicación de escritorio e como unha aplicación móbil, pero só nos sistemas operativosAndroid e iOS. Fontes como The New York Times declarárono o maior intento de Google para competir coa rede socialFacebook,[3] a cal tiña máis de 750 millóns de usuarios en 2011.[4] O 20 de setembro de 2011, Google permitiu a creación de contas a usuarios con máis de 18 anos, con melloras nas súas extensións de videoconferencias.[5]
Google anunciou o peche definitivo en abril de 2019[6] por motivos relacionados con erros de seguridade no acceso a datos privados de usuarios afectados, que poderían ascender até o medio millón de contas.
↑Thacker, David (10 de decembro de 2018). "Expediting changes to Google+". Google: The Keyword (company blog)(en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2018.