Saltar ao contido

Incheon

Incheon
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista aérea
Vista nocturna
Imaxe
 Instancia de
 Nome oficial
인천광역시 (ko)
인천직할시 (ko)
인천시 (ko) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: Mayor of Incheon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Paul Yoo (2014 - 2018)
Ahn Sang-soo (2002 - 2010)
Song Young-gil (2010 - 2014)
Park Nam-choon (2018 - ) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
Datas
 Fundación / creación
1883 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.049.315 (2025)
2.913.024 (2016)
2.890.451 (2015)
2.936.117 (2018)
2.993.492 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.046,807 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   7 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+09:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap2297419 Editar o valor en Wikidata
VIAF293221110 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0hv1b Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: flyic Twitter: SmartIncheon Instagram: incheon.city Youtube: UC960xfXepXPsJ8HHePGvAKw Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Incheon (en coreano : 인천; 仁川 ), Inchon ou Inch'on é unha cidade e porto principal de Corea do Sur situado na costa oeste do país, ao oeste da capital Seúl (서울; Seúl ). Constitúe unha "cidade metropolitana" polo que o seu nome oficial completo é Cidade Metropolitana de Incheon (인천광역시; 仁川廣域市; Incheon Gwangyeoksi ).

O nome Inchon ou Inch'on provén da transliteración anterior (sistema de romanización McCune-Reischauer): Inch'ŏn Kwang'yŏksi.

Image
Porto de Incheon en 2006.

Atópase a 28 km de Seúl e está situada na mesma latitude que San Francisco, Washington, Madrid e Teherán. Incheon é a terceira cidade máis grande de Corea do Sur, despois de Seúl e Busán, e contaba con 2,6 M de habitantes en 2009.[1]

Está irmandada co Río de Xaneiro.[2]

A cidade está dividida en dez distritos administrativos: oito distritos (gu) e dous condados (gun).

O Metro de Incheon e o Metro da Área Metropolitana de Seúl están conectados (liña 1) e o traxecto desde a estación de Incheon até a estación de Seúl dura aproximadamente unha hora.

A historia de Incheon comeza no reino de Goguryeo no ano 475, baixo o reinado do rei Jangsu. O seu nome orixinal era Michuhol; cambiou varias veces ata ser renomeada como Incheon-gun no 13.º ano do reinado do rei Taejong, durante o período Joseon. En 1949, despois da liberación de Corea en 1945, Incheon reorganizouse como cidade. Finalmente, foi renomeada Cidade Metropolitana de Incheon en 1995.[3]

Durante a Guerra de Corea tivo lugar a Batalla de Incheon, liderada polo xeneral estadounidense das Nacións Unidas Douglas MacArthur, que culminou nunha vitoria decisiva.[4] En sinal de gratitude, a finais da década de 1950 erixiuse unha estatua de bronce de MacArthur nun parque central de Incheon que domina a zona marítima pola que desembarcaron as súas tropas.[5]

Cultura e turismo

[editar | editar a fonte]

Incheon é coñecida polos Xogos Asiáticos de 2014, o Aeroporto Internacional de Incheon, o Porto de Incheon, a Cidade Internacional de Songdo, o Metro de Incheon e o Estadio Munhak World Cup.

O condado de Ganghwa (Illa de Ganghwa) destaca polos dólmens declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os tecidos hwamunseok, un tipo de alfombra decorada, son outro produto típico de Incheon. A beleza destas pezas feitas a man converteunas nun dos produtos tradicionais coreanos máis apreciados.[6]

A illa de Wolmi (Wolmido) foi unha base militar xaponesa durante o período colonial e un posto avanzado na batalla de Incheon. Hoxe é un dos destinos turísticos máis populares da área metropolitana. Ao longo do Paseo Cultural de Wolmido, de 1 km, abondan cafés e restaurantes. A illa tamén é famosa polos seus artistas de rúa, retratistas e polo Festival de Wolmi.[7]

Zona Económica Libre de Incheon

[editar | editar a fonte]

Co obxectivo de se converter nun centro económico internacional e nun polo empresarial e de servizos de Asia, Incheon está a desenvolver unha zona económica libre nas áreas de Songdo, Cheongna e a illa de Yeongjong. A Zona Económica Libre de Incheon, a primeira de Corea, foi designada oficialmente polo goberno coreano en agosto de 2003 e estaba prevista para 2020.[8][9]

  1. "지역별 인구 및 인구밀도 (Poboación e densidade de poboación por rexión)". Statistics Korea. Consultado o 16 de setembro de 2016.
  2. "Câmara do Rio de Janeiro - irmanação com Incheon".
  3. "Historia de Incheon". Consultado o 16 de setembro de 2016.
  4. "Marine Corps Battle Of Incheon". U.S. Military.com. Consultado o 16 de setembro de 2016.
  5. "Professor condemns U.S. military's role in Korean War". The Korea Herald. Consultado o 16 de setembro de 2016.[Ligazón morta]
  6. KTO, Korea Tourism Organization. "Centro Cultural Hwamunseok de Ganghwa (강화화문석문화관): VISITKOREA". Centro Cultural Hwamunseok de Ganghwa (강화화문석문화관) (en castelán). Consultado o 2025-08-11.
  7. Sora (2021-09-26). "Wolmido à Incheon : Guide complet sur l'île". Hello la Corée (en francés). Consultado o 2025-08-11.
  8. "인천경제자유구역 (Zona Económica Libre de Incheon)". Consultado o 16 de setembro de 2016.
  9. "S-Campus". songdo.yonsei.ac.kr. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 2025-08-11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.