Isangel
Aparencia
| Isangel | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
Isangel é unha vila de Vanuatu. Atópase na illa de Tanna e funciona como capital administrativa da provincia de Tafea.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo datos de 2009, a vila tiña unha poboación de 1 437 persoas, sendo a maioría de orixe melanesia. As principais linguas faladas son a lingua lenakel e o bislama, unha lingua crioula de base inglesa.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]A illa de Tanna atópase no cinto de lume do Pacífico, un cinto tectónico con frecuentes terremotos. O último tremor preto de Isangel foi o 7 de decembro de 2023 cunha magnitude sísmica de 7,1 graos na escala de Richter.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Powerful earthquake shakes South Pacific nation of Vanuatu; no tsunami threat". ABC News. 7 de decembro de 2023. Consultado o 8 de decembro de 2023.