Kaula
Aparencia
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Descubridor ou inventor | James Cook | |||
| Parte de | Arquipélago de Hawai | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Condado de Kauai, Estados Unidos (pt) | |||
| ||||
| Bañado por | océano Pacífico | |||
| Características | ||||
| Altitude | 167 m | |||
| Dimensións | 0,5 ( | |||
| Superficie | 0,64 km² | |||
| Historia | ||||
| Data de descuberta ou invención | 1778 | |||
Kaula (en hawaiano Ka´ula) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 34 km ao suroeste de Niihau.
Características
[editar | editar a fonte]A illa, con forma de media lúa, é parte do cráter dun volcán antigo practicamente mergullado. A superficie total é de 0,64 km²; e a altitude máxima é de 167 metros. O océano erosionou o litoral creando cantís e covas, particularmente a chamada cova da quenlla, Kahakauaola.
Kaula está deshabitada pero os pescadores frecuéntana. A illa era recordada nas tradicións orais hawaianas e atopáronse algúns restos da súa presenza, pero non hai evidencias de asentamentos permanentes. Ocasionalmente utilizouse como branco para exercicios militares de bombardeo aéreo.
