Limerick (Luimneach en irlandés) é unha cidade da República de Irlanda, no oeste do país na provincia de Munster. Ten unha poboación de 98.854 habitantes e é a capital do condado de Limerick. Limerick é a terceira cidade máis poboada de Irlanda.
A cidade atópase ás beiras do río Shannon. A poboacíon da área urbana da cidade é de 95.854 persoas pero sumándolle a da área metropolitana da 102.161 habitantes. Os lugares máis atractivos son o castelo do Rei Xoán, a catedral de Santa María, o Museo Hunt e o río Shannon, polo que se poden facer viaxes en barca.