O MOS Technology 6502[1] é un microprocesador de 8 bits deseñado por un pequeno equipo dirixido por Chuck Peddle para MOS Technology e lanzado en setembro de 1975. O equipo de deseño xa traballara anteriormente en Motorola no proxecto Motorola 6800; o 6502 é esencialmente unha versión simplificada, menos custosa e máis rápida dese deseño que emprega a tecnoloxía NMOS de carga de esgotamento, o que fixo que o uso do microchip nos ordenadores fose moito máis barato.[2]
Cando se presentou, o 6502 era o microprocesador máis barato do mercado por unha marxe considerable. Inicialmente vendíase por menos dunha sexta parte do custo dos deseños da competencia de empresas máis grandes, como o 6800 ou o Intel 8080.[3] A súa introdución provocou rápidas baixadas nos prezos en todo o mercado de procesadores. Xunto co Zilog Z80, deu lugar a unha serie de proxectos que resultaron na revolución dos ordenadores domésticos de principios da década de 1980.[4]
En 1981, o Western Design Center comezou o desenvolvemento dunha versión CMOS, a 65C02. Esta continúa a ser amplamente utilizada en sistemas integrados, con volumes de produción estimados en centos de millóns.[5]
↑William Mensch (1995-10-09). Interview with William Mensch(en inglés). Web video con Rob Walker. Atherton, California: Silicon Genesis Project, Stanford University Libraries. Arquivado dende o orixinal o 2016-03-04. Consultado o 2023-12-22. Tanto William Mensch como o moderador pronuncian o microprocesador 6502 como "sesenta e cinco-cero-dous".
"The 6502 microprocessor resource"(en inglés). 2020-11-29. Archived from the original on 29 de novembro de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2026. – repositorio