Omid
Aparencia
| Omid | |
|---|---|
Omid | |
| Tipo | Demostrador tecnolóxico |
| Organización | Administración Nacional Espacial Iraniana |
| Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
| Data de lanzamento | 2 de febreiro de 2009[1][4][5] |
| Foguete portador | Safir 1[1][3] |
| Sitio de lanzamento | Centro de lanzamento de Semnan[1][2] |
| Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico.[1][2] |
| Decaemento | 25 de abril de 2009[4] |
| NSSDC ID | 2009-004A |
| Masa | 27 kg[3] |
Omid foi un satélite artificial da Administración Nacional Espacial Iraniana lanzado o 2 de febreiro de 2009 mediante un foguete Safir 1 desde o centro de lanzamento de Semnan.[1][2][3]
Características
[editar | editar a fonte]Omid foi o primeiro satélite en ser construído e lanzado con éxito por Irán. Un lanzamento anterior dun satélite idéntico, o 17 de agosto de 2008, fracasou por un problema coa segunda etapa do foguete lanzador. Omid levaba a bordo instrumentos para estudar a contorna espacial e un receptor GPS para determinar a súa posición. Tiña unha masa de 27 kg e foi inxectado nunha órbita inicial de 245 km de perixeo e 378 km de apoxeo. Reentrou na atmosfera o 25 de abril de 2009.[1][2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 NASA (14 de maio de 2020). "Omid" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020.
- 1 2 3 4 5 Mark Wade (2020). "Omid" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Omid" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020.
- 1 2 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "OMID" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2020). "Omid" (en inglés). Consultado o 22 de novembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Omid |