Saltar ao contido

Padroeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Padroeiro
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Epónimo
patrono (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0htxr Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2776203320 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX537384
Wikidata C:Commons
Image
Santiago o Maior (representado como Santiago Matamouros), patrón de Galiza e de varias parroquias galegas.

Na Igrexa católica e nas ortodoxas, nas cales se cre na intercesión dos santos, o patrón,[1] padrón,[2] padroeiro[3] ou avogado[4] é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (do latín, patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...[5]

A veneración cara aos santos: os santos patróns

[editar | editar a fonte]
Image
San Xosé é o santo patrón dos carpinteiros, enxeñeiros, e traballadores.

O Concilio Vaticano II expresou o vínculo de veneración cara aos santos cuxos carismas os facían recomendables á devoción e imitación dos fieis.

En España (mais sobre todo en Galiza) a maior parte das localidades teñen un patrón e unha patroa, en cuxa honra se celebran as festas maiores da localidade. Os patróns son santos ou advocacións de Cristo e as patroas santas ou advocacións da Virxe María.

En Galiza adoita ser moi importante, xa que as festas maiores honran o patrón. Por exemplo, en San Lourenzo de Belesar as festas patronais honran a San Lourenzo; o Belesar de Chantada a San Bertomeu e o Belesar de Vilalba a San Martiño.

Advocacións das parroquias

[editar | editar a fonte]

As parroquias católicas adoitan estar baixo a advocación dun santo. Non debe confundirse co haxiotopónimo, pois son distintos en que:

Patróns profesionais

[editar | editar a fonte]
Image
A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros.
Image
San Brais, santo patrón dalgunhas parroquias galegas, tamén o é dos enfermos de gorxa.
Image
San Cristovo, patrón dos condutores.

Patróns nacionais

[editar | editar a fonte]
  • San Thorlak: Islandia
  • San Patricio: Irlanda
  • Santo André: Escocia
  • San Xurxo: Inglaterra, Moldova, Letonia, Rusia
  • San David: Gales
  • San Antonio de Padua: Portugal
  • Santiago: España
  • Santa Xoana de Arco: Francia
  • San Francisco de Asís: Italia
  • San Bonifacio: Alemaña
  • San Galo: Suíza
  • San Xosé: Bélxica, Eslovenia, Croacia
  • Santa Cunegunda: Luxemburgo
  • Santa Vilibrordo: Países Baixos
  • San Canuto: Dinamarca
  • Nª Sª de Czestochowa: Polonia
  • San Olaf II: Noruega
  • Santa Bríxida: Suecia
  • San Henrique: Finlandia
  • San Adalberto de Praga: República Checa
  • San Mauricio: Austria
  • San Elías: Bosnia e Hercegovina
  • Nª Sª das Dores: Eslovaquia
  • Santo Estevo: Hungría
  • San Sava: Serbia
  • San Trifón: Montenegro
  • Nª Sª do Bo Consello: Albania
  • Nª Sª do Sinal: Grecia
  • San Clemente: Macedonia
  • San Xoán de Rila (ou Iván): Bulgaria
  • Santo Estevo III: Romenia
  • San Xoán Evanxelista: Turquía
  • San Bernabé: Chipre
  • San Volodimir (Baldomero/Vladimiro): Ucraína
  • San Vítor de Marsella: Estonia
  • San Casimiro: Lituania
  • Santa Eufrasina de Polak: Belarús
  • San Cibrán de Cartago: Alxeria
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para patrón.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para padrón.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para padroeiro.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avogado.
  5. Surhone, Lambert M; Tennoe, Mariam T; Henssonow, Susan F (2010). Patron Saint (en inglés). Saarbrücken (Alemaña): VDM Verlag Dr. Mueller AG & Co. ISBN 978-6-1345-8375-6. Consultado o 7 de abril de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]