Saltar ao contido

Reumatismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Reuma»)
Reumatismo
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
 Instancia de
Características
 Especialidade médica
 Localización anatómica
Códigos e identificadores
Freebase/m/02tds8 Editar o valor en Wikidata
MeSHD012216 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC26877 Editar o valor en Wikidata
CIE-9729.0 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777489490 e C3020647791 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O reumatismo ou trastorno reumático é un termo xeral para os problemas médicos que poden danar o corazón, os ósos, as articulacións, os riles, a pel e os pulmóns. O estudo destes problemas chámase reumatoloxía. Outro significado de reumatismo é proceso patolóxico que afecta ó tecido conxuntivo do aparello locomotor, sobre todo ás articulacións, que ten como síntomas máis característicos a dor e a rixidez dalgunha estrutura deste aparello. Tamén se di reuma ou reumatismo articular como termo particular desta acepción.[1]

Os principais trastornos reumáticos que se coñecen son:

Tratamento

[editar | editar a fonte]

A medicina moderna baseada na evidencia demostra que os distintos trastornos reumáticos teñen diferentes causas (e varios deles teñen máis dunha) e precisan de diferentes tipos de tratamento.

Remedios tradicionais

[editar | editar a fonte]

Moitos remedios tradicionais a base de plantas foron utilizados para o "reumatismo", e sonnos coñecidos por haber sido recollidos por distintos etnógrafos e médicos.

En Sobradelo celébrase tódolos maios unha romaría popular á que acoden enfermos de reuma á capela do lugar de San Cibrán, respectado como avogoso contra este mal. El mesmo estaba enfermo e con moitas dores tras predicar por distintas zonas do Salnés, polo que acordou ir de peregrino ó Apóstolo Santiago a ver se o curaba ou o aliviaba cando menos. Ó pasar por Sobradelo deitouse a descansar baixo un carballo, e aproveitou o momento para pedir axuda tamén a Virxe María. E esta escoitouno e tranquilizouno cando lle dixo que quedaba todo da súa man; e, efectivamente, as dores desapareceron de socato. O santo, agradecido, decidiu levantar onda o carballo unha capela, cunha figura da Virxe, da Quinta Angustia.

Cando chegou o momento en que o santo morreu, os veciños labraron unha imaxe súa coa madeira do carballo onde descansou, e déronlle o seu nome ó lugar: San Cibrán, un lugar da parroquia de Sobradelo. Co paso do tempo foi adquirindo sona como santo milagreiro, sanador da reuma, e na festa que se fai na súa honra, no mes de maio, os enfermos desta doenza achéganse á capela e o sancristán tócalle cunha réplica de pequeno tamaño da imaxe do santo. E disque curan.[2]

  1. "Dicionario galego de termos médicos. páx. 681-682" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10-11-2021. Consultado o 24-1-2022.
  2. "Mancomunidade do Salnés: San Cibrán, avogado da reuma". Consultado o 2.01.2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Para a sección Remedios tradicionais:

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]