Saltar ao contido

STS-130

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-130
Image
Lanzamento da misión STS-130
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de febreiro de 2010, 9:14 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión13,75 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso22 de febreiro de 2010[6]
Sitio de regresoCabo Cañaveral
NSSDC ID2010-004A

STS-130 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 8 de febreiro de 2010 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-130, con seis astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante George Zamka, o piloto Terry Virts e os especialistas de misión Nicholas Patrick, Robert Behnken, Kathryn Hire e Stephen Robinson.[3][5][6][7]

O Endeavour levou o módulo Tranquility coa súa cúpula característica, que quedou instalado tras tres paseos espaciais. O transbordador volveu a terra en Cabo Cañaveral o 22 de febreiro de 2010.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 130" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 22 May 2010 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-54840(E)). 24 de xuño de 2010: 3. Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 130" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-130 / ISS 20A" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-130" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (1 de marzo de 2010). "STS-130" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2018. Consultado o 3 de novembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]