Saltar ao contido

Setomaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Setomaa
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Localización
 País
 Capital
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/09x7kz Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Setomaa (en estoniano: Setumaa; en ruso: Сетумаа; en seto: Setomaa) é unha rexión de Estonia ao sur do lago Peipus e habitada tradicionalmente polo pobo seto. O dialecto seto é unha variedade do estoniano meridional. A área histórica de Setomaa atópase nos territorios da actual Estonia e Rusia. O Setomaa estoniano actualmente abrangue terras no condado de Võru, situado no sueste de Estonia e fronteiriza con Rusia. Petseri (en ruso: Pechory) foi o centro histórico e cultural dos setos.

División actual

[editar | editar a fonte]

O Setomaa estoniano componse de:

A parte rusa consiste no Distrito de Pechorsky, parte do Óblast de Pskov. Entre 1918 e 1944, a área formou parte de Estonia, administrada como Condado de Petseri. Despois de que Estonia recuperase a súa independencia da Unión Soviética en 1991, houbo unha disputa entre Estonia e Rusia pola posesión deste territorio ata que Estonia abandonou as súas reclamacións territoriais sobre estas áreas en 1995.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]