Saltar ao contido

Snits

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Snits
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Nome orixinal
Sneek (nl) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Sneek (nl) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
1517Siege of Sneek (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Historia
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   33.855 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   34,03 km² Editar o valor en Wikidata
 Porcentaxe área de auga
   11,34 % Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
Código postal8600–8608 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap2658749 Editar o valor en Wikidata
VIAF142850920 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0vhyp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
Image
Watterpoarte
Image
Vista aérea de Snits

Snits (nl-Snits.ogg uitspraak ) é unha cidade e antigo concello de Frisia (Países Baixos) integrado o 1 de xaneiro de 2011 no novo concello de Súdwest Fryslân que abrangue boa parte do suroeste de Frisia, con Snits como a capital do novo concello. A cidade localízase ao suroeste da capital frisoa Ljouwert e ten case 33.000 habitantes, constituíndo un centro importante no suroeste frisón, cun importante porto no Snitser Mar e entre os seus monumentos salienta o Wetterpoarte, coñecido internacionalmente polo seu nome en neerlandés, Waterpoort, unha porta que conecta a cidade co mar que se converteu no símbolo da cidade. A cidade tamén ten unha longa tradición de competicións deportivas no mar, a máis coñecida é o Sneekweek, dedicada á vela, e tamén é un dos puntos polo que pasa o Alvestêdetocht, unha competición de patinaxe de velocidade sobre xeo. Snits é unha das once cidades tradicionais de Frisia, coñecidas como Fryske stêden.

Poboación

[editar | editar a fonte]

O concello de Snits contaba con 33.431 habitantes o 1 de xaneiro de 2010[1], ademais da propia capital municipal había outras tres entidades de poboación recoñecidas: Ysbrechtum con 650 habitantes en 2008, Offenwier, 160 habitantes, e Loaiïngea que ten 70 habitantes[2].

Snits edificouse orixinalmente nun promontorio areoso, aumentando tras a construción ao sur dun dique que permitiu a formación dun pólder coñecido como Skerhim, conformándose a cidade arredor dunha vía fluvial, coñecida nos documentos antigos como Magna Fossa [3], esas vías fluviais con saída cara ao norte (Geau, Snitser Aldfeart) fixéronse necesarias pola desaparición do brazo de mar que formaba o esteiro do río De Boarn, o Middelsee. Ao longo do século XIII Snits recibiu diversos privilexios de cidade, en 1295 declarouse un grande incendio que destruíu case todas as súas casas[4], e a cidade tivo que volver a edificarse de novo, e en 1456 recibiu dereitos municipais[5], codificados no Stadboek. Por volta de 1492 comezou a construción das murallas ao seu redor, converténdose así na única cidade amurallada de Frisia [6], da antiga fortificación quedan a Wetterpoarte e o baluarte.

Economía

[editar | editar a fonte]

A coñecida cadea de roupa C&A abriu a súa primeira tenda en Sneek en 1861[7]. En 1902 abriu a fábrica de Tonnema que elabora caramelos de menta baixo a marca KING. A cidade conta tamén con fábricas de aceiro, maquinaria de construción e cordelería náutica. Desde 1964 conta cunha fábrica de cremalleiras da YKK, que foi a primeira planta xaponesa nos Países Baixos, tamén Mitsui Sekka fabricante xaponés de fibras sintéticas ten unha planta na cidade.

Transportes

[editar | editar a fonte]

As principais vías de comunicación que pasan polo concello son a autoestrada A7 que vai de Zaandam, na provincia de Holanda Setentrional ata a fronteira con Alemaña, a estrada provincial N354. O concello conta cunha estación de tren, aberta en 1883, e de autobuses na súa proximidade, as liñas de autobuses están servidas pola empresa pública Connexxion e o tren por Arriva Personenvervoer Nederland que conecta con Ljouwert e Starum. En barco pódense navegar o Houkesleat que conecta coa Canle da Princesa Margriet, Geau que liga con Drylts, De Swette con Ljouwert e Frjentsjerter Feart con Frjentsjer.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
Image
Igrexa católica de San Martiño
  • Wetterpoarte (1613)
  • Casa do concello de Snits (1550, fachada 1763)
  • Igrexa de Martiño (1480), cun conxunto de 50 campás
  • Igrexa de San Martiño (1872)
  1. "Centraal Bureau voor de Statistiek" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2010.
  2. "CBS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2010.
  3. Fritz Witt Beiträge zur Kenntnis der Flussnamen Nordwestdeutschlands, 1912, p. 103
  4. Abraham Jacob van der Aa Aardrijkskundig woordenboek der Nederlanden, Vol. 10, p. 509
  5. History of Sneek en sneek.nl[Ligazón morta]
  6. Grote Winkler Prins: Encyclopedie in twintig delen, Vol 17, 1973, p. 482
  7. "C&A. About us". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2010. Consultado o 17 de decembro de 2010.