Steven Hoefflin
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1946 Seattle |
| Educación | Universidade de California, Os Ánxeles |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Medicina, cirurxía e Cirurxía plástica |
| Ocupación | cirurxián plástico, médico |
Steven M. Hoefflin é un cirurxián plástico coñecido por facer as operacións estéticas de famosos como Michael Jackson, Joan Rivers e Elizabeth Taylor. Hoefflin publicou artigos en libros e revistas de medicina e exerce a profesión en Santa Monica (California) dende a década de 1980.[1]
Carreira
[editar | editar a fonte]En 1972, Hoefflin gradouse como o primeiro da súa clase no UCLA Medical School. Continuou a súa carreira en cirurxía xeral e completou o programa de adestramento como residente no Centro Médico UCLA.[1]
Hoefflinc converteuse en Profesor Clínico de Asistencia do Centro Médico UCLA en 1979. En 1989, foi promovido a Profesor Clínico asociado, no cal serviu ata 2003.
Hoefflin serviu como Xefe de Cirurxía Plástica no Hospital UCLA de Santa Monica dende 1982 ata 1989.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)