The Replacements
| The Replacements | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
The Replacements é unha banda estadounidense de punk rock formada en Minneapolis, Minnesota en 1979, e consideradas unha das pioneiras do rock alternativo. O grupo estivo composto polo guitarrista e vocalista Paul Westerberg, o guitarrista Bob Stinson, o baixista Tommy Stinson e o batería Chris Mars durante a meirande parte da súa carreira. Tras varios álbums con moi boas críticas, como Let It Be e Tim, Bob Stinson deixou a banda en 1986 e esta experimentou varios cambios na súa formación; Slim Dunlap uniuse como guitarra solista e Steve Foley substituíu a Mars en 1990. Cara ao final da carreira do grupo, Westerberg fíxose coa meirande parte do control creativo. The Replacements separouse en 1991, dedicándose os seus membros a outros proxectos. Porén, anunciouse unha reunión o 3 de outubro de 2012[1]. The Replacements nunca tiveron éxito comercial, pero foi unha grande influencia para varios artistas do rock alternativo.
A música de The Replacements estivo influenciada por artistas como The Rolling Stones, Faces, Big Star, Slade, Badfinger, Lou Reed e The Beatles, ademais de bandas de punk rock como The Ramones, Johnny Thunders, Dead Boys e The Clash.
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Sorry Ma, Forgot to Take Out the Trash | 1981 | Twin/Tone Records |
| Hootenanny | 1983 | Twin/Tone Records |
| Let It Be | 1984 | Twin/Tone Records |
| Tim | 1985 | Sire Records |
| Pleased to Meet Me | 1987 | Sire Records |
| Don't Tell a Soul | 1989 | Sire Records, Reprise Records |
| All Shook Down | 1990 | Sire Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Billboard (ed.). "The Replacements Reuniting for Covers Set". Consultado o 20 de maio de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficialArquivado 28 de maio de 2014 en Wayback Machine.