Wesel
| Wesel | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||
A cidade hanseática de Wesel pertence ao distrito de Wesel, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, en Alemaña. A cidade atópase no baixo curso do Rin, na rexión alemá do Niederrhein, e forma parte da área metropolitana Rin-Ruhr. Forma parte tamén da Eurorrexión Rin-Waal e da Liga Hanseática.
Xeografía
[editar | editar a fonte]

Localización
[editar | editar a fonte]A cidade atópase preto da desembocadura do Lippe no Rin, xunto á canle Wesel-Datteln, aproximadamente no centro do distrito de Wesel. Está situada a uns 45 km da fronteira cos Países Baixos e a uns 30 km da rexión do Ruhr, e forma parte do parque natural Hohe Mark.
Composición da cidade
[editar | editar a fonte]A superficie da cidade é de 122,617 km². A expansión máxima ao longo do eixo norte-sur é de 12,0 km, e no eixo leste-oeste é de 17,6 km. Wesel ten unha altitude respecto do mar do Norte de 23 metros sobre o NN. A cidade componse dos seguintes barrios:
- Bislich
- Büderich
- Flüren
- Obrighoven
- Wesel
Idade Moderna
[editar | editar a fonte]A cidade formou parte do Ducado de Cléveris. Foi ocupada por tropas españolas comandadas por Ambrosio Spínola o 5 de setembro de 1614, durante a crise da sucesión de Xülich-Cléveris. O 19 de agosto de 1629 sería tomada polas tropas das Provincias Unidas. En 1672 foi conquistada polos franceses, ata a súa recuperación por Brandeburgo en 1674.[1] En 1681 Frederico Guillerme I de Brandeburgo ordenaría que se construíse na cidade unha gran fortaleza.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]Ocupada polo exército francés en 1805, foi asediada polas tropas da Sexta Coalición desde novembro de 1813; a súa gornición non se rendeu ata o 8 de maio de 1814.[2]
Wesel na segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Pola súa situación estratéxica como depósito de armas, foi obxectivo das forzas aliadas durante a segunda guerra mundial. O 16, 17 e 19 de febreiro de 1945 a cidade foi bombardeada e foron voadas as pontes sobre o Rin; en marzo de 1945 a Wehrmacht dinamitou a última ponte restante sobre ese río. O 10 de marzo rematou a destrución da cidade. A destrución foi do 97 %. O censo de poboación de 1939 rexistraba 25 000 habitantes; en maio de 1945 quedaban só 1900.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Exploring Wesel - Wesel as a fortress city". [www.wesel-tourismus.de](http://www.wesel-tourismus.de). Consultado o 2021-10-24.
- ↑ JAMES (Major.), Charles (1816). A new and enlarged Military Dictionary, in French and English; in which are explained the principal terms ... of all the sciences that are ... necessary for an Officer and Engineer ... The third edition (en inglés). Consultado o 2022-06-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martin W. Roelen, ed.: Ecclesia Wesele: Beiträge zur Ortsnamenforschung und Kirchengeschichte (= Studien und Quellen zur Geschichte von Wesel 28). Stadtarchiv, Wesel, 2005. ISBN 3-924380-23-6.
- Jutta Prieur, ed.: Geschichte der Stadt Wesel: Beiträge zur Stadtgeschichte der frühen Neuzeit (= Studien und Quellen zur Geschichte von Wesel 20). Stadtarchiv, Wesel, 1998. ISBN 3-924380-15-5.
- Veit Veltzke: Preußische Festung Wesel: Politik, Krieg und Kunst (= Der historische Ort: Festungen 87). Homilius, Berlín, 2001. ISBN 3-931121-86-0.
- Jutta Prieur, ed.: Heimatfront Wesel 1939 - 1945: Frauen und Männer erinnern sich an den Krieg in ihrer Stadt (= Studien und Quellen zur Geschichte von Wesel 16). Stadtarchiv, Wesel, 1994. ISBN 3-924380-11-2.
- Annegret Dahmen: Chronik 1945 bis 1999: 55 Jahre Weseler Geschichte (= Studien und Quellen zur Geschichte von Wesel 22). Stadtarchiv, Wesel, 1999. ISBN 3-924380-17-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Wesel |
