Saltar ao contido

central

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Image Pronuncia: /θenˈtɾal/ ou /senˈtɾal/ (AFI)

Image Adxectivo

central (sg: central; pl: centrais)

  1. Relativo ou pertencente ao centro.
    • Exemplo: O punto central da circunferencia está á mesma distancia de todos os puntos da liña.

  2. Que está situado no centro ou preto del.
    • Exemplo: Reservaron as cadeiras centrais da sala.

  3. Que constitúe a parte principal dun sistema, organización ou conxunto.
    • Exemplo: A oficina central coordina o traballo das delegacións.

  4. Que é o máis importante, fundamental ou decisivo.
    • Exemplo: A cuestión central do debate era o financiamento.

  5. Que funciona de maneira centralizada.
    • Exemplo: O edificio ten calefacción central.

  6. (Lingüística, Fonética) Dito dun son ou vogal que se articula na parte media da cavidade oral, por oposición a anterior e posterior.
    • Exemplo: En galego, o a é unha vogal central.

  7. (Música) Dito dunha nota situada entre as agudas e as graves.
    • Exemplo: Tomaron aquela nota central como referencia da escala.


Image Substantivo feminino

central (sg: central; pl: centrais)

  1. Sede principal dos órganos directivos dunha empresa, institución, administración ou entidade.
    • Exemplo: Chamaron á central da compañía para pedir información.

  2. Instalación destinada á produción, transformación ou distribución de enerxía, especialmente eléctrica.
    • Exemplo: A central eólica fornece electricidade a varios concellos.

  3. Lugar ou recinto onde se reúnen instrumentos, mecanismos ou equipos de control dun servizo.
    • Exemplo: A avaría detectouse na central de control.

Image Substantivo

central (sg: central; pl: centrais)

  1. (Deporte) Xogador ou xogadora que ocupa unha posición central na defensa ou na zona de ataque, especialmente en fútbol ou balonvolea.
    • Exemplo: O equipo fichou un central para reforzar a defensa.

Termos relacionados

Traducións

Referencias