Saltar ao contido

man

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Image Grafías semellantes:     MÁN ,    mán
Image
Entrada incompleta

Esta páxina está marcada para ser completada. Pode axudar no Galizionario completándoa.

Galego

Image
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «man».
Image
Unha man aberta cara arriba.
  • Image Pronuncia: /ˈmaŋ/ (AFI)

Image Substantivo feminino

man (sg: man; pl: mans)

  1. (Anatomía) Parte final do brazo formada pola palma e cinco dedos.
  2. (Zooloxía) Por extensión, as extremidades dianteiras dalgúns animais.
    • Exemplo: Por forzar tanto ó cabalo, agora está doído da man esquerda

      .
  3. (Xogo e xoguete) (Completar)
  4. Gran cantidade.
  5. Cada unha das capas de pintura ou calquera outra substancia que se aplica dunha vez.
    • Exemplo: Se queres que cubra ben, terás que dar unha segunda man de pintura.

Traducións


Aragonés

Image Substantivo feminino

man

  1. (Anatomía) Man.


Inglés

Image Interxección

man

  1. (Coloquial) Amigo, camarada, compañeiro, meu, socio (vocábulo para chamar a atención).
    • Observacións: Só se emprega para as persoas de sexo masculino.

Image Substantivo

man (sg: man; pl: men)

  1. Home (persoa de sexo masculino).
  2. Home (persoa adulta e de sexo masculino).
  3. Compañeiro sentimental, home (con quen se está nunha relación sentimental).
  4. Humano, persoa, ser humano (individuo da especie humana).
  5. Humanidade.
  6. (Profesións) Empregado.
  7. (Exército) Soldado raso.
  8. (Xogo e xoguete) Peza de xadrez.
  9. (Xogo e xoguete) Ficha das damas.
  10. Home, individuo, suxeito (ser animado racional).

Image Verbo transitivo

man

  1. Atender [unha tenda].
  2. Contestar [a un teléfono].
  3. Tripular [un barco ou un avión].

Conxugación


presente presente
(3ª persoa)
pretérito participio xerundio
man mans manned manned manning