Colexio Maior Fonseca, no Campus Sur da USC.Universidade de Bologna, a máis antiga do mundo aínda con actividade académicaA universidade de Coímbra, fundada por D. Dinís, a máis antiga de Portugal
Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais. Para aloxamento dos estudantes ten colexios maiores ou colexios universitarios e residencias.
O precedente de todas as universidades occidentais atópase na academia alexandrina, fundada no 288 a. C. No 340 fundouse a de Constantinopla. Na India hai datadas universidades no século V, como a de Nalanda, aínda que as modernas foron creadas durante a Idade Media europea. A primeira institución deste tipo que segue en funcionamento é a Universidade de Boloña, que máis tarde servirá de modelo para centros educativos similares. Por extensión utilízase para referirse noutras culturas a centros de educación superior e de reflexión, aínda que a súa creación pode ser moito anterior á Idade Media.
Inicialmente evolucionaron a partir do modelo das corporacións artesanais e como case todo na Idade Media, estaban moi vinculadas á Igrexa. Inicialmente, ensinábanse as ensinanzas inspiradas nas chamadas sete artes liberais (trivium ou trivio [1] e quadrivium[2] ou cuadrívio):
Universidade de Salamanca (Coroa de León e Galiza) en 1218; a súa orixe foron unhas Escolas da Catedral cuxa existencia pode rastrexarse até 1130, e é a primeira de Europa que recibiu título de Universidade, en 1253 polo edicto de Afonso X;