Aitor
| Aitor | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Aitor é un nome propio masculino vasco. Trátase dun nome vasco que está relativamente estendido fóra de Euskal Herria. Segundo datos de 2018, en España hai máis de 50 000 homes que teñen este nome,[1] dos cales 17 600 residen no País Vasco e Navarra, estando o resto repartidos por toda a xeografía española.[2][3] Este nome é pronunciado en varios sitios de España como palabra grave, polo cal hai quen escriben «Áitor», con til no «A».
En xaneiro de 2023 existían 1.488 varóns en Galicia co nome Aitor, cunha media de idade de 24,9 anos.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Este nome ten a súa orixe nun mito creado polo escritor suletino Augustin Chaho (1811-1858), que aparece por primeira vez na súa obra literaria Aïtor - Légende Cantabre, escrita en 1845.[5] Chaho caeu na conta de que os pastores da súa rexión vasco-francesa adoitaban referirse a si mesmos como aitorren semeak, expresión que é unha derivación dialectal da máis xeral expresión vasca aita onen semeak, que significa literalmente «fillos de bos pais» ou fidalgos.[6] Esta variante prodúcese por unha mera substitución da letra «r» no canto do «n», mais por mor diso a expresión «fillos de bos pais» pódese entender tamén como «fillos de Aitor», servindo de base para a creación dun mito romántico.[7]
Chaho publicou por vez primeira a obra en francés no xornal Ariel de Baiona, que el mesmo dirixía. Logo de ser traducida ao castelán como La leyenda de Aitor en 1878 por Arturo Campión, a lenda de Aitor adquiriu gran popularidade ao outro lado da fronteira. Navarro Villoslada incluíuna tamén na súa obra Amaya o los vascos en el siglo VIII.[8]
Segundo a lenda creada por Chaho, Aitor foi o patriarca vasco e tivo sete fillos, que crearon as sete provincias de Euskal Herria e procrearon descendentes nelas.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «¿Cuántos se llaman...» ine.es. Consultado o 20 de febreiro de 2018.
- ↑ www.ine.es
- ↑ Significado de Aitor (conHijos.es)
- ↑ Nome Aitor na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Vinson, Julien (1919). "Syntaxe basque: position du déterminant et du déterminé". Revista Internacional de los Estudios Vascos (en francés) (España: Sociedade de Estudos Vascos). Tomo X: p. 69. ISSN 0212-7016.
- ↑ Caro Baroja, Julio (1989). De los arquetipos y leyendas. España: Círculo de Lectores. pp. 150–152. ISBN 978-84-226-2962-7.
- ↑ Giné, Marta; Hibbs, Solange (2010). Traducción y cultura. La literatura traducida en la prensa hispánica (1868-98). Berna, Suíza: Peter Lang. pp. 396–397. ISBN 978-3-0343-0366-8. ISSN 1664-1922.
- ↑ Iriarte López, Iñaki (2000). Tramas de identidad, literatura y regionalismo en Navarra (1870-1960). Madrid, España: Biblioteca Nueva. p. 135. ISBN 978-84-7030-740-9.
- ↑ Chaho, Joseph-Augustin. "La leyenda de Aitor". Consultado o 2023-10-11.