Saltar ao contido

Cassiopeia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cassiopeia
Image
Image
 Instancia de
 Epónimo
Características físicas
Superficie598 °² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF836145857094422922207 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01dh6v Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Casiopea[1][2] ou Cassiopeia é unha constelación do norte, que ten coma característica inconfundible a súa forma de M ou W. Ó ser tan doado o recoñecela é moi usada para busca-lo norte cando a Osa Maior non é visible.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]

Obxectos notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]
  • NGC 457, cúmulo aberto ó suroeste de Ksora (δ Cas) na M. AR: 01h 19m 06.0s Dec: +58°20′0″ (Época 2000).
  • NGC 436, cerca do anterior, é mellor observalo con telescopios grandes. AR: 01h 15m 36.0s Dec: +58°49′0″ (Época 2000).
  • M103 (NGC 581), cúmulo de magnitude 7 localizado ó nordeste de Ksora (δ Cas). AR: 01h 33m 12.0s Dec: +60°42′0″ (Época 2000).
  • M52 (NGC 7654), cúmulo aberto a 5º ó noroeste de Caph (β Cas). AR: 23h 24m 12.0s Dec: +61°35′0″ (Época 2000).
  • NGC 7635, nebulosa de emisión con forma de burbulla. AR: 23h 20m 42.0s Dec: +61°12′0″ (Época 2000).
  • NGC 7789, cúmulo aberto. AR: 23h 57m 00.0s Dec: +56°44′0″ (Época 2000).
  • NGC 147 e NGC 185, galaxias ananas que forman parte do Grupo Local. Ambas son satélites da galaxia de Andrómeda.
  • Dwingeloo 1 e Dwingeloo 2, galaxias relativamente próximas pero descubertas só recentemente ó estar visualmente cerca do plano da Vía Láctea.
  • IC 10 galaxia anana cun burato negro denominado IC 10 X-1 (desc. 2007)
Image
A constelación de Cassiopeia

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. A raíña Casiopea facía fachenda da beleza da súa filla e comparábaa coas Nereidas, fillas do deus do mar Nereo. Estas, indignadas por tal atrevemento, pedíronlle a Poseidón vinganza e el coma resposta enviou ó monstro mariño (Cetus) ás costas do país causando grandes males.

Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consulta o oráculo de Amón, quen aconsellou sacrificar a Andrómeda colocándoa atada a unha rocha nun acantilado para que fose vítima do monstro.

Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou á vítima e no acto namorouse dela. Propúxolle ó rei liberala, a cambio de que lle concedese a súa man; Perseo mata o monstro e posteriormente casa con Andrómeda.

  1. "Casiopea". Diciopedia do século 21 I. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 453.
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]